From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir William Ramsay, nado en Glasgow o 2 de outubro de 1852 e finado en High Wycombe (Buckinghamshire) en 1916, foi un químico británico que recibiu o Premio Nobel de Química de 1904 polas súas investigacións acerca dos gases nobres. Xunto co físico John William Strutt, foi o descubridor do gas argon.
Fillo de William Ramsay e Catherine Robertson, era sobriño do xeólogo sir Andrew Ramsay.
Estudou química nas universidades de Glasgow e Tubinga. Foi profesor de química do University College de Bristol en 1880 e director do mesmo ao ano seguinte. En 1887 trasladouse a Londres onde exerceu como profesor de química do University College ata que se xubilou en 1913.
A boa situación de Ramsay nos círculos científicos conduciu ao seu desafortunado asunto en 1905 coa compañía Industrial and Engineering Trust Ltd., unha corporación cun suposto proceso secreto para extraer o ouro da auga do mar. A corporación comprou propiedades ao longo da costa inglesa para pór en marcha o proceso de extracción, pero a compañía foi desenmascarada rapidamente pola opinión pública, e nunca conseguiu nada de ouro.
Ramsay faleceu aos 63 anos de idade na súa residencia de High Wycombe, situada no condado de Buckinghamshire, e foi enterrado na igrexa da parroquia de Hazelmere.
En 1976 construiose a escola superior Sir William Ramsay School, en Hazlemere en High Wycombe.
Entre 1885 e 1890 publicou notables estudos sobre os óxidos de nitróxeno. Descubriu cinco elementos gaseosos inertes, os chamados gases nobres: o argon en 1894, traballando con Rayleigh; o helio en minerales terrestres, en 1895; e o cripton, o neon e o xenon, xuntamente con Morris Travers, en 1898. Contribuíu ao coñecemento de que o helio é un produto da desintegración atómica do radio.
Recibiu o premio Nobel de Química do ano 1904 polo descubrimento dos compoñentes do aire e determinar a súa situación na Táboa periódica dos elementos. Pero as súas achegas posteriores no campo da radioactividade teñen tanta ou máis importancia aínda.
Escribiu Gases of the Atmosphere (1896), Modern Chemistry (1902) e Essays, Biographical and Chemical (1908).
Na súa honra bautizouse o cráter Ramsay da Lúa.
Predecesor: Svante Arrhenius |
Premio Nobel de Química 1904 |
Sucesor: Adolf von Baeyer |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.