especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Welwitschia mirabilis Hook.f., do xénero monotípico Welwitschia Rchb., é o único xénero da familia das Welwitschiaceae, pertencente ás gimnospermas.
Áchase en Angola e Namibia, é endémica do deserto do Namib, a cuxas condicións se atopa perfectamente adaptada.
É unha planta desértica que crece dun tronco groso escindindo dúas únicas follas de crecemento continuo. Tras a xerminación, os cotiledones crecen 25-35 mm e vanse transformando nestas dúas follas. Despois de que estas aparezan, os capullos dos cotiledones emerxen e dentro deles dexeneran os extremos de crecemento causando a elongación dos capullos. É a única especie que non presenta traqueidas na estrutura interna do eixo caulinar. A especie reprodúcese por sementes, que deben manterse húmidas as dúas primeiras semanas e expostas á luz e á calor. É relativamente frecuente atopar nelas esporas de Aspergillus niger, que causa unha leve putrefacción despois da xerminación, polo que se tenta evitar en xardíns botánicos.
A especie é dioica e é difícil determinar a idade das plantas, aínda que se cre que poden chegar a vivir máis de 1000 anos, mesmo 2000.[cita [Cómpre referencia]
Crese que a planta absorbe a auga a través de estruturas peculiares nas súas follas que lle serven para aproveitar a rosada nocturno do deserto. O Dr. Friedrich Welwitsch descubriuna en 1860, considerándose unha das plantas máis raras que existen e bastante apreciada por coleccionistas. Está en perigo.
Esta planta é un símbolo nacional en Namibia. A máis alta condecoración da República leva o seu nome: Orde da Antiquísima Welwitschia Mirabilis.
En Angola a Welwitschia mirabilis é denominada tombwa e unha cidade é chamada así.
Welwitschia mirabilis foi descrita por Joseph Dalton Hooker e publicado en The Gardeners' Chronicle & Agricultural Gazette 4: 71. 1862.[1]
12Welwitschia: o nome foi outorgado en honra do botánico austríaco Friedrich Martin Josef Welwitsch.
mirabilis: epíteto latín que significa "marabilloso, extraordinario"[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.