baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Walter "Clyde" Frazier, nado en Atlanta (Xeorxia) o 29 de marzo de 1945, foi un xogador de baloncesto estadounidense da década dos 70. Xogou durante 13 tempadas na NBA, dez delas para os New York Knicks. Na actualidade é comentarista deportivo para a televisión.
Logo dunha existosa carreira coma xogador no seu instituto, tivo difícil elixir universidade no seu estado de nacemento, Xeorxia, debido á segregación racial que naquela época marcaba a política de universidades coma Georgia Tech ou outras universidades do sur, que non admitían alumnos afroamericanos. Tivo que trasladarse ao estado de Illinois para poder competir alí na pequena Universidade de Southern Illinois, da II División da NCAA. Promediou, en dúas tempadas, 17,7 puntos e 10,6 rebotes.
Foi elixido na quinta posición da primeira rolda do Draft da NBA por New York Knicks. Naquela época gañou o alcume de "Clyde" por levar un sombreiro similar ao de Warren Beatty na película Bonnie e Clyde. A marca deportiva Puma ten nos seus modelos unha edición dedicada a el: as míticas Puma Clyde, sendo o primeiro xogador de baloncesto profesional en dar o máximo rendemento cunhas deportivas de perfil baixo e con cores non tradicionais. No seu primeiro ano foi elixido no mellor quinteto de novatos da liga.
Durante as súas dez tempadas nos Knicks conseguiu dous aneis de campión da NBA nos anos 1970 e 1973. Foi 7 veces All Star e formou parte do mellor quinteto da tempada en 4 ocasións. Rematou a súa carreira en Cleveland Cavaliers. As súas medias durante todas estas tempadas foron de 18,9 puntos, 5,9 rebotes e 6,1 asistencias.
New York Knicks | (1967-1977) |
Cleveland Cavaliers | (1977-1980) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.