Vítor II, papa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vítor II (de nome Gebhard de Dollnstein-Hirschberg ), nado en Baviera e finado en Arezzo o 28 de xuño de 1057, foi o Papa nº 153 da Igrexa católica de 1055 a 1057.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Baviera, Alemaña |
Morte | 28 de xullo de 1057 Arezzo, Italia |
Causa da morte | malaria |
Lugar de sepultura | Mausoléu de Teodorico (pt) |
153º Papa | |
19 de abril de 1055 – 28 de xullo de 1057 (Gregoriano) ← León IX – Estevo X → | |
Bispo diocesano | |
1042 – ← Gezemann (pt) – Gundekar II. (pt) → Diocese: Diocese de Eichstätt (pt) | |
Bispo | |
Diocese: Diocese de Eichstätt (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, bispo católico |
Outro | |
Título | Conde |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Fillo dun barón suabo, o conde Hartwing de Calw, e parente do emperador Henrique III, foi nomeado bispo de Eichstätt en 1042, cando contaba 24 anos de idade, grazas á influencia do seu tío, o bispo Gerhard de Ratisbona. Desde esa posición apoiou as políticas e intereses do emperador Henrique e converteuse nun dos seus principais asesores.
Foi nomeado ao papado en Maguncia, en setembro de 1054, por Henrique III,e unha delegación romana encabezada por Hildebrando, futuro papa Gregorio VII, sendo consagrado na catedral de San Pedro, e o seu pontificado enmárcase na reforma gregoriana.
En xuño de 1055, Vítor II atopouse co emperador en Florencia, onde celebrou un concilio que reforzou a condena de León IX ao matrimonio dos sacerdotes, a simonía e a perda dos bens da Igrexa.
En 1056 desprazouse a Alemaña para solicitar a protección imperial fronte aos normandos. Durante a súa estancia en terras xermanas Henrique III faleceu, deixando no trono ao seu fillo de seis anos Henrique IV e como rexente a súa viúva a emperatriz Agnes de Poitou.
Vítor II faleceu pouco despois en Arezzo, o 28 de xuño de 1057, por mor da malaria sendo enterrado na cidade de Rávena.
Tras a súa morte, e aproveitando o baleiro de poder en Alemaña cun emperador que é só un neno e unha rexente totalmente inexperta, a nobreza romana volverá ser a institución determinante na elección papal e Vítor II converterase no último Papa nomeado por un emperador alemán.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vítor II, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.