From Wikipedia, the free encyclopedia
A válvula ileocecal[1][2] (papila ileal, válvula de Tulp ou Tulpius,[2] válvula de Bauhin,[2] válvula de Varolio[2] ou válvula cólica) é un válvula de músculo esfínter que separa o intestino delgado do groso, situada na comunicación entre o íleo e o cego.[3] A súa función é limitar o refluxo dos contidos do colon cara ao íleo.[4] Normalmente está pechada e só abre para deixar pasar os alimentos. Aproximadamente entran dous litros de fluído no colon cada día a través da válvula ileocecal.
Válvula ileocecal | |
---|---|
Interior do cego e extremo inferior do colon ascendente coa válvula íleocecal etiquetada como "colic valve" (válvula cólica) | |
Imaxe endoscópica do cego coa frecha apuntando á valva íleocecal en primeiro plano | |
Latín | Valva ileocaecalis s. papilla ilealis |
Sistema | Sistema dixestivo |
Arteria | Arteria ileocólica |
Vea | Vea ileocólica |
A histoloxía da válvula ileocecal mostra un cambio abrupto desde a mucosa vilosa propia do íleo a unha mucosa de tipo colónico. Presenta un engrosamento da capa de músculo liso que forma o esfínter. Tamén se observa un engrosamento da capa muscular externa.[3] O esfínter reláxase despois das comidas de modo reflexo á vez que se activa o peristaltismo.[5] No orificio ileocecal hai pregamentos da mucosa que penetran no cego e funcionan como unha válvula de dúas valvas, que se pecha cando o colon está cheo, impedindo o refluxo.[5]
Na válvula hai tamén unha cantidade variable de tecido linfático.[6]
A válvula ileocecal ten unha estrutura papilosa.
Durante unha colonoscopia, utilízase a válvula ileocecal, xunto co orificio do apéndice vermiforme, para a identificación do cego. Isto é importante xa que indica que se realizou unha colonoscopia completa. A válvula ileocecal está situada no último pregamento antes da entrada ao cego e pode localizarse pola dirección da curvatura do orificio do apéndice, no que se chama signo do arco e a frecha.[7]
A intubación da válvula ileocecal realízase nas colonoscopias para avaliar a parte distal (final) do íleo. Unha pequena endoscopia pode tamén realizarse por enteroscopia de dobre globo por intubaión da válvla ileocecal.[8]
Os tumores da válvula ileocecal son raros, pero hai casos descritos na literatura.[9][10] Poden darse outras lesións benignas darse nesta válvula, que adoitan ser difíciles de diagnosticar e tratar cirurxicamente.[11]
A válvula ileocecal foi descrita polo médico holandés Nicolaes Tulp (1593–1674), polo que ás veces se lle chama válvula de Tulp ou de Tulpius. Tulp foi pintado por Rembrandt no seu cadro Lección de anatomía do Dr. Nicolaes Tulp (1632).
A válvula ileocecal foi tamén descrita en 1588 polo suízo Gaspard Bauhin no limiar da súa primeira obra De corporis humani partibus externis tractatus, hactenus non editus., de aí o nome de válvula de Bauhin que tamén se lle dá.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.