primeira nave espacial orbital tripulada From Wikipedia, the free encyclopedia
Vostok, ou Vostok 3K, foi o nome da primeira nave espacial orbital tripulada. Foi desenvolvida pola Unión Soviética e máis tarde daría lugar ás naves Voskhod para logo usarse como base para os satélites de recoñecemento Zenit e para os satélites científicos Bion, que seguiron usándose durante o século XXI.[1][2]
A cápsula Vostok tiña espazo para un cosmonauta co seu traxe espacial e o asento exector usado en caso dun lanzamento abortado. A nave dispoñía de dúas ventás: unha sobre a cabeza do cosmonauta e outra aos seus pés co sistema óptico Vzor para controlar a orientación da cápsula. O control de actitude tiña lugar mediante propulsores de gas frío e o control durante a reentrada atmosférica era pasivo, pola forma da propia cápsula (unha esfera cun peso nun dos seus polos). O descenso freábase cun só paracaídass, e a determinada altitude o cosmonauta exectábase para aterrar co seu propio paracaídas.[2][1]
A nave non tiña propulsión para facer cambios orbitais, e á parte dos propulsores de gas frío para o control da orientación, levaba un único motor principal usado para deorbitar a nave e iniciar a reentrada atmosférica, que se producía a elevadas aceleracións para o cosmonauta (ata 8 G) por tratarse de reentradas pasivas.[2][1]
A instrumentación era moi básica, sen xiroscopios e co sistema automático sendo capaz de aliñar o eixo da nave unicamente co Sol, o que implicaba que o acendido da reentrada podía facerse unicamente dúas veces por día, cando a orientación solar coincidía co punto da órbita na que a reentrada levaría á cápsula a territorio soviético. Unha reentrada de emerxencia era posible a elección do cosmonauta, que podía predicir con certo grao de erro onde aterraría en calquera momento da reentrada elixida.[2][1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vostok |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.