![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/%25D0%2592%25D0%25B0%25D0%25BA%25D1%2583%25D0%25BB%25D0%25B5%25D0%25BD%25D0%25BA%25D0%25BE_%25D0%2592%25D0%25BE%25D0%25BB%25D0%25BE%25D0%25B4%25D0%25B8%25D0%25BC%25D0%25B8%25D1%2580_%25D0%2592%25D0%25BE%25D0%25BB%25D0%25BE%25D0%25B4%25D0%25B8%25D0%25BC%25D0%25B8%25D1%2580%25D0%25BE%25D0%25B2%25D0%25B8%25D1%2587.jpg/640px-%25D0%2592%25D0%25B0%25D0%25BA%25D1%2583%25D0%25BB%25D0%25B5%25D0%25BD%25D0%25BA%25D0%25BE_%25D0%2592%25D0%25BE%25D0%25BB%25D0%25BE%25D0%25B4%25D0%25B8%25D0%25BC%25D0%25B8%25D1%2580_%25D0%2592%25D0%25BE%25D0%25BB%25D0%25BE%25D0%25B4%25D0%25B8%25D0%25BC%25D0%25B8%25D1%2580%25D0%25BE%25D0%25B2%25D0%25B8%25D1%2587.jpg&w=640&q=50)
Volodymyr Vakulenko
escritor ucraíno / From Wikipedia, the free encyclopedia
Volodymyr Vakulenko (en ucraíno: Володимир Володимирович Вакуленко), nado o 1 de xullo de 1972 e finado en 2022, foi un poeta, escritor de literatura infantil e wikipedista ucraíno, que tamén participou en voluntariado e activismo.[1][2] Foi asasinado durante a ocupación rusa da área de Khárkiv, en Ucraína en 2022.[3] Recibiu o Premio Literario Internacional Oles Ulianenko e foi laureado do Concurso Les Martovych.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (uk) Володи́мир Володи́мирович Вакуле́нко ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xullo de 1972 ![]() Kapytolivka, Ucraína (en) ![]() ![]() |
Morte | 24 de marzo de 2022 ↔ 12 de maio de 2022 ![]() Izium Raion, Ucraína (en) ![]() ![]() |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo ![]() |
Lugar de sepultura | Khárkiv ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Володимир Вакуленко-К. ВКВ ![]() |
País de nacionalidade | Ucraína ![]() |
Actividade | |
Ocupación | autor , figura pública , tradutor , escritor de literatura infantil , wikimedista ![]() |
Período de actividade | 2001 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Literatura infantil, poesía, Prosa e tradución ![]() |
Premios
|
![]() |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Vakulenko foi secuestrado polos invasores rusos preto de Izium antes de ser asasinado durante a ocupación temporal da Óblast de Khárkiv. Así o informa PEN Ucraína, citando á exmuller de Vakulenko, Iryna Novytska, quen escribiu que "os pais de Vakulenko foron informados de que, tras os resultados de ADN, o corpo do seu fillo estaba na tumba №319".[4]
A Vakulenko sobrevivírono o seu fillo Vitalii, de 7 anos, e os seus pais.[2]