From Wikipedia, the free encyclopedia
As vogais son articulacións abertas, polo que o ar sae ó exterior sen obstrucións. Durante a súa emisión os órganos articulatorios deixan unha canle máis ou menos ampla sen que ningún deles se interpoña na corrente de ar en vibración.
Onde mellor se distinguen as vogais dunha lingua é nas sílabas tónicas, ou sexa, naquelas que levan acento, porque estas sílabas, ao recibiren a maior forza de articulación son as que se pronuncian con máis claridade de matices. Cando falamos de sílabas tónicas referímonos ao acento da fala, non ao acento da escrita ou til. Polo tanto, consideramos sílabas tónicas as que aparecen en letra grosa nas seguintes palabras, con ou sen acento gráfico: último, dólar, amigo, café, andar, sol.
As sílabas tónicas son as que mellor nos permiten establecer o sistema vocálico galego. Nas sílabas átonas, aquelas que non levan a forza e articulación da palabra, as vogais aparecen máis débiles e, polo tanto, menos matizadas. Compróbase pronunciando as palabras: cálido, cereixa, xente, nas cales as sílabas átonas aparecen en cursiva.
Para o estudo dos sons vocálicos téñense en conta no caso da lingua galega os trazos de abertura e localización[1]:
De todos estes trazos resulta o seguinte cadro vocálico :
Velaí o sistema de sete vogais que atopamos en posición tónica e que ten a súa orixe nun sistema latino de 10 elementos, modificado profundamente na lingua falada coa desfonoloxización da cantidade vocálica. Ó ser o galego herdeiro directo do sistema latino e estar cada unha das sete vocais condicionada pola etimoloxía cabería agardar que cada palabra tivese idéntico vogalismo en todo o territorio, mais isto non se cumpre en tódolos casos. No vocalismo tónico, dous casos creban a regularidade: unha consoante nasal trabando sílaba e o fenómeno da metafonía, fenómenos, ámbolos dous, característicos da dialectoloxía galega.
As vogais /o/ e /ɔ/, por unha banda, e /e/ e /ɛ/ pola outra, aparecen representadas por unha única letra e e o. Isto significa que soamente pola grafía non podemos galistrar se unha palabra se pronuncia con e ou o abertos ou pechados.
A vogal posterior que etimoloxicamente debería ser semiaberta, pecha un grao ante nasal implosiva no occidente do territorio. Este fenómeno, coñecido como influencia da nasal trabante, afecta só aos nomes: /’koNtO/, /’foNtE/, /’poNtE/, tamén /’donO/ (> *dɔmno > DOMINU). No galego asturiano e en puntos illados do galego oriental poden atoparse con vogal semiaberta, porque nesas falas todo o ante nasal é aberto: /’lɔNbO/, /la’kɔN/.
Na serie anterior (e), a pechazón por n implosivo ocupa unha área de extensión diversa, partindo do oeste a noroeste: /’lɛNtO/ ∼ /’leNtO/.
A metafonía é a abertura de /e/ ou /o/ por influxo de -a final ou a fechazón de /ɛ/ ou /ɔ/ por -o na mesma posición:
Sen metafonía | Con metafonía |
sɔgro | sogro |
mɛdo | medo |
hora | hɔra |
ela | ɛla |
Hai palabras que escapan por completo ao fenómeno da metafonía: folla, cego-cega, porco-porca. Tampouco chegou a actuar na totalidade do dominio lingüístico galego. Os datos que se coñecen indican con claridade que este proceso tivo a súa orixe en puntos do galego occidental e que se foi espallando cara ao galego central, ao que afectou de maneira variable.
Xeralmente, as vogais abertas do galego e do portugués corresponden a ditongos en español, debido á diferente evolución que experimentou esta lingua dende o latín vulgar.
portugués e galego | español |
---|---|
tɛrra | tierra |
pɛdra | piedra |
cɛgo | ciego |
fɔrte | fuerte |
mɔrte | muerte |
cɔsta | cuesta |
As vogais átonas caracterízanse por unha menor perceptibilidade por mor de teren menor duración e menor intensidade cás tónicas.
Na actualidade, vénse admitindo que en posición pretónica se manteñen as sete vogais presentes na posición tónica[2] (véxase imaxe do sistema vocálico do apartado anterior). En posición átona medial de palabra, redúcense a cinco (arquifonema E e O)[3].
En posición final de palabra as vogais galegas redúcense a 3[4]:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.