From Wikipedia, the free encyclopedia
Dame Vivienne Isabel Westwood, de solteira Swire, nada en Tinwistle (entón en Cheshire) o 8 de abril de 1941 e finada en Londres o 29 de decembro de 2022,[1] foi unha deseñadora de moda e empresaria inglesa, considerada como a principal responsable da estética asociada co punk e o New Wave, que levou ao gran público.[2]
Westwood comezou a ser coñecida cando creou deseños para a tenda de Malcolm McLaren en King's Road, que posteriormente se coñeceu como "SEX". Foi a súa habilidade para sintetizar roupa e música o que modelou a escena punk británica dos setenta, dominada polo grupo de McLaren, os Sex Pistols. Foi inspirada pola frase do punk, "ver se alguén podía poñer un raio no sistema".[3]
Westwood abriu outras catro tendas en Londres e finalmente expandiu o negocio por todo o Reino Unido e o resto do mundo, vendendo unha gran variedade de mercadorías, algunhas delas ligadas ás súas numerosas causas políticas, como a campaña polo desarme nuclear, o cambio climático e os grupos polos dereitos civís.
Durante a súa adolescencia, Westwoodk estudou na Harrow School of Art e no Trent Park College e deu clases nunha escola primaria do norte de Londres. Co tempo, casou con Derek Westwood. O matrimonio perdurou ata que Vivienne coñeceu a Malcolm McLaren, futuro representante dos Sex Pistols. A parella inaugurou en 1971 o local de roupa Let It Rock (logo renomeado como SEX) onde a deseñadora comezou a exhibir os seus deseños extravagantes.
A estética punk comezou despois do primeiro recital dos Sex Pistols, en que a banda empresou deseños da parella que incluían, ou ben incluíron máis adiante, elementos fetichistas, alfinetes de gancho tomados da estética de Richard Hell, importante persoeiro na escena punk neoiorquina, cadeas, navallas de afeitar e o característico cabelo en crista. A inclusión de elementos do deseño tradicional británico contribuíu a formar a imaxe chocante, polémica e antisocial do punk.
Westwood estivo casada cun antigo alumno seu de moda, o austríaco Andreas Kronthaler. Durante trinta anos viviu nun antigo piso do concello en Nightingale Lane, Clapham,[4] ata que en 2000 Kronthaler a convenceu para mudarse nunha casa de estilo Raíña Ana construída en 1703 que pertenceu á nai do capitán Cook.[5] Era afeccionada á xardinaría[6] e vexetariana.[7]
Westwood tivo dous fillos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.