Viuvez
From Wikipedia, the free encyclopedia
A viuvez é o estado de perder ao cónxuxe por falecemento. Viúva ou viúvo é unha muller ou home cuxo marido ou dona morreu.
A viuvez foi unha importante problemática social, particularmente no pasado. Nas familias nas que o marido era o único provedor, a viuvez podía afundir aos parentes na pobreza, e moitas obras benéficas tiñan como obxectivo axudar a viúvas e orfos. Isto empeoraba pola longa vida das mulleres, xa que os homes xeralmente contraían matrimonio con mulleres máis novas cá eles.
Con todo, nalgunhas sociedades patriarcais, as viúvas achábanse entre as mulleres máis independentes. Unha viúva ás veces continuaba os negocios do seu marido e consecuentemente concedíanselle certos dereitos, tales como a admisión a cooperativas.
Adicionalmente existían implicacións de liberdade sexual; malia que algúns testamentos incluían cláusulas de castidade (que requirían que as viúvas quedasen célibes para poder recibir a herdanza), en sociedades onde se vetaba o divorcio, a viuvez permitíalle ás mulleres volver casar. A "Dona de Baño" nos Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer, refírese á que quedou viúva cinco veces, permitíndose grandiosas experiencias sexuais.
Noutras culturas, as viúvas eran tratadas de diferente xeito. Verbigracia, na India facíase unha elaborada cerimonia durante o funeral do marido da viúva, que incluía o romper os brazaletes, remoción das decoracións feitas con bindi, así como tamén calquera atavío colorido, facendo que a muller vestise de branco.