![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/96/Copia_di_Giovanni_della_Robbia_Cert_Alto.jpg/640px-Copia_di_Giovanni_della_Robbia_Cert_Alto.jpg&w=640&q=50)
Nosa Señora das Neves
advocación mariana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nosa Señora das Neves é unha antiga advocación mariana que se remonta ao século IV e que está moi estendida en Italia, España, Latinoamérica e Portugal.
Nosa Señora das Neves | |
---|---|
![]() Nosa Señora das Neves, obra de Giovanni della Robbia (Certaldo, Italia) | |
Advocación da Virxe María | |
Historia | |
Veneración | |
Venerada en | Igrexa católica |
Festividade | 5 de agosto[1] |
A orixe atribúese á época do papado de Liberio (352 - 366) no que se relata que un ancián e adiñeirado matrimonio da nobreza patricia de Roma que non tivera fillos e aos que se atribuía gran caridade cara aos demais, solicitou da Virxe María que lles sinalase que debían facer cos seus bens para garantir o mellor uso cristián da herdanza. A tradición católica conta que a Virxe se manifestou ante eles e indicoulles que, alá onde sinalase, construíselle un templo. Outras versións afirman que a Virxe se apareceu en soños aos esposos e ao Papa e anuncioulles a neve de agosto.
A obra concluíuse un ano despois, co financiamento da familia patricia e o apoio eclesiástico. A igrexa desapareceu non moito tempo despois, e reconstruíuse polo Papa Sixto III ao redor do ano 434, sendo na actualidade a Basílica de Santa María a Maior.
A devoción á nosa Señora das Neves quedou reducida a Roma e a súa periferia, polo menos até os inicios do ano 1000. A primeira obra artística da que se ten constancia que representou o milagre atribúese a un discípulo de Giotto que se conserva na Basílica actual.