![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/90/Virgin_Glock_Jerez_2010.jpg/640px-Virgin_Glock_Jerez_2010.jpg&w=640&q=50)
Virgin Racing
From Wikipedia, the free encyclopedia
Marussia Virgin Racing, o nome comercial de Virgin Racing Limited, é un equipo ruso de carreiras de Fórmula Un con base no Reino Unido e cunha licenza rusa, que fixo o seu debut na tempada de Fórmula Un de 2010, sendo os seus pilotos o alemán Timo Glock e o debutante belga Jérôme d'Ambrosio.
![]() | |
Nome completo | Virgin Racing |
---|---|
Bandeira coa que compite | ![]() |
Base en | Dinnington, South Yorkshire, Reino Unido |
Xefe de Equipo | ![]() |
Director Técnico | ![]() |
Pilotos | 24. ![]() 25. ![]() |
Pilotos de probas | ![]() |
Chasis | Virgin VR-02 |
Motor | Cosworth CA2010 |
Pneumáticos | Pirelli P |
Debut | Gran Premio de Bahrain de 2010 |
Carreiras | 38 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Posición no campionato | Non participou |
Fundada inicialmente como Manor Grand Prix, Virgin mercou un 80% das accións do equipo e lle mudou o nome, o 12 de xuño de 2009, aparece como un dos catro novos equipos seleccionados para competir na a tempada 2010.
O 30 de novembro de 2009, a FIA publicou unha lista revisada de entrada que indicaba o nome do equipo como Virgin Racing. O Virgin Group de Richard Branson é o patrocinador principal do equipo, que foi presentado o 15 de decembro de 2009.
O 11 de novembro de 2010, anunciouse que Marussia tomara unha participación de control no equipo que se chamará Marussia Virgin Racing a partir de 2011.
En febreiro de 2011, anunciouse ademais que o equipo podería competir baixo unha licenza de competición Rusa, converténdose no segundo equipo ruso no deporte logo de Midland. En novembro de 2011, o equipo solicitou formalmente á Comisión de Fórmula Un para cambiar o seu nome polo de Racing Marussia para a tempada 2012.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |