músico australiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Vince Melouney, nado o 18 de agosto de 1945 en Sydney, é un guitarrista e letrista australiano que formou parte dos grupos Billy Thorpe & The Aztecs, Vince & Tony's Two, Bee Gees, Fanny Adams e The Vince Maloney Sect.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Vincent Kevin Melouney 18 de agosto de 1945 (79 anos) Sydney, Australia |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor de cancións, músico |
Período de actividade | 1965 - |
Xénero artístico | Música rock |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Polydor Records Atco Records Kapp Records |
Foi un dos membros fundadores de Billy Thorpe & The Aztecs, servindo como o guitarrista principal de 1963 a 1965, logo formou un dúo de curta vida co antigo compoñente dos Aztecs Tony Barber, denominado Vince & Tony's Two. En 1966 gravou "I Need Your Lovin' Tonight" e a súa cara B "Mystery Train" con Barry Gibb, Robin Gibb e Maurice Gibb cantando os coros en ámbalas dúas cancións.[1]
En 1967, despois de se instalar no Reino Unido e contactar cos irmáns Gibb, que xa coñecera en Australia, entrou nos Bee Gees. Foi o guitarrista principal nos seus primeiros tres álbums; Bee Gees' 1st, Horizontal e Idea. En xuño de 1968 escribiu e gravou "Such a Shame" que se editou na versión británica do álbum Idea. O 1 de decembro de 1968 actuou por última vez cos Bee Gees.[2]
En 1969, formou un supergrupo de curta vida, Fanny Adams, con Doug Parkinson, Teddy Toi e Johnny Dick que gravou un álbum Fanny Adams.[3] No verán de 1976 escribiu para os Bee Gee "Let It Ride" e "Morning Rain", pero finalmente non se gravaron[4].A comezos da década de 1980 regresou a Australia, actuando en xiras con John Paul Young co nome de John Paul Young and The All Stars, dedicouse despois á publicidade [5]. En 1999 actuou de novo cos Bee Gees nun concerto en Sidney e realizou unha xira con Billy Thorpe and the Aztecs en 2002/3, ao seu remate editou o seu primeiro álbum en solitario "Here At Last", reeditado ao ano seguinte como Covers con novos temas, incluíndo versións de cancións de Steve Millers, Billy Joel ou Rufus Thomas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.