From Wikipedia, the free encyclopedia
As vilosidades coriónicas ou villi coriónicos (en singular villus) son prolongacións que saen do tecido do corion embrionario e se estenden pola parede uterina proporcionando unha área de contacto aumentada co sangue materno.
Son elementos esenciais no embarazo desde un punto de vista histomorfolóxico e funcional e son, por definición, un produto da concepción. Ramas das arterias umbilicais levan o sangue embrionario ás vilosidades. Despois de circular polos capilares das vilosidades, o sangue volve ao embrión a través da vea umbilical. Así, as vilosidades son parte do límite entre o sangue materno e fetal durante o embarazo e permiten o intercambio de substancias entre os dous sangues.
As vilosidades tamén se poden clasificar atendendo ás súas relacións con outras estruturas:
O corion experimenta unha rápida proliferación e forma numerosos procesos, as vilosidades coriónicas, que invaden e destrúen a decidua uterina e ao mesmo tempo absorben dela materiais nutritivos para o crecemento do embrión. Pasan por varios estadios, dependenedo da súa composición.
Estadio | Descrición | Período de xestación | Contidos |
Primarias | As vilosidades coriónicas son ao principio pequenas e non vasculares. | 13–15 días | soamente trofoblasto[1] |
Secondarias | As vilosidades incrementan o seu tamaño e ramifícanse, mentres que o mesoderma crece dentro delas. | 16–21 días | trofoblasto e mesoderma[1] |
Terciarias | Crecen ramas da arteria e vea umbilicais no mesoderma e dese xeito as vilosidades coriónicas quedan vascularizadas. | 17–22 días | trofoblasto, mesoderma e vasos sanguíneos[1] |
Ata aproximadamente o final do segundo mes de embarazo, as vilosidades cobren todo o corion e son case dun tamaño uniforme, mais despois desenvolvense de maneira desigual.
A maior parte da masa das vilosidades consiste en tecido conectivo que contén vasos sanguíneos. A maioría das células do tecido nectivo das vilosidades son fibroblastos. Tamén están presentes macrófagos denominados células de Hofbauer.
En 1983 o biólogo italinao Giuseppe Simoni descubriu un novo método de diagnose prenatal no que se utilizaban as vilosidades coriónicas (ver biopsia de vilosidades coriónicas ou coriocentese, vilocentese).
As vilosidades coriónicas son unha rica fonte de células nais. O Biocell Center, unha empresa biotecnolóxica dirixida por Giuseppe Simoni, está estudando e probando estes tipos de células nais. As células nais coriónicas, igual que as células nais amnióticas, son células nais multipotentes de uso non polémico (non se dana o embrión).[2][3][4]
Estudos recentes indican que as vilosidades coriónicas poden ser susceptibles ás infeccións bacterianas[5] e virais. Recentes descubrimentos indican que a bacteria Ureaplasma parvum (un micoplasma) pode infectar os tecidos das vilosidades coriónicas de mulleres preñadas, prexudicando ao resultado do embarazo.[6] Detectouse ADN do poliomavirus JC e o poliomavirus de células de Merkel nas vilosidades coriónicas de mulleres que sufriron abortos naturais.[7][8] Tamén se detectou ADN de poliomavirus BK nos mesmos tecidos pero en menor medida.[7]
Nos abortos naturais temperáns a presenza de vilosidades coriónicas nas expulsións vaxinais adoita ser a única confirmación definitiva de que houbo un embarazo intrauterino en vez dun embarazo ectópico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.