![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/ChorionicVillus.png/640px-ChorionicVillus.png&w=640&q=50)
Vilosidade coriónica
From Wikipedia, the free encyclopedia
As vilosidades coriónicas ou villi coriónicos (en singular villus) son prolongacións que saen do tecido do corion embrionario e se estenden pola parede uterina proporcionando unha área de contacto aumentada co sangue materno.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilosidade.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/ChorionicVillus.png/640px-ChorionicVillus.png)
Son elementos esenciais no embarazo desde un punto de vista histomorfolóxico e funcional e son, por definición, un produto da concepción. Ramas das arterias umbilicais levan o sangue embrionario ás vilosidades. Despois de circular polos capilares das vilosidades, o sangue volve ao embrión a través da vea umbilical. Así, as vilosidades son parte do límite entre o sangue materno e fetal durante o embarazo e permiten o intercambio de substancias entre os dous sangues.