violinista norueguesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Vilde Frang Bjærke ou Vilde Frang, nada o 19 de agosto de 1986 en Oslo (Noruega), é unha violinista norueguesa. Desenvolve unha intensa actividade concertística con algunhas das mellores orquestras do mundo, así como concertos de música de cámara con artistas como Martha Argerich, Yuri Bashmet, Renaud Capuçon, Gautier Capuçon, Gidon Kremer, Julian Rachlin, e os noruegueses Leif Ove Andsnes, Lars Anders Tomter e Truls Mørk. Tamén ten tocado como solista co director, violinista e viola ruso Maxim Vengerov.[1]
Nome orixinal | (no) Vilde Frang Bjærke |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de agosto de 1986 (38 anos) Oslo, Noruega |
Educación | Barratt Due Institute of Music (en) |
Actividade | |
Ocupación | violinista |
Período de actividade | 1996 - |
Empregador | Norwegian Academy of Music (en) |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Kolja Blacher (pt) e Ana Chumachenco |
Instrumento | Violín |
Selo discográfico | Warner Classics (pt) |
Premios | |
| |
Páxina web | vildefrang.com |
Vilde Frang naceu en Oslo o 19 de agosto de 1986. Aos catro anos comezou os seus estudos de violín, e posteriormente estudou, entre outros, con Alf Richard Kraggerud, Henning Kraggerud e Stephan Barratt-Due no Barratt Due Musikkinstitutt da capital norueguesa, con Kolja Blacher na Musikhochschule Hamburg, e con Ana Chumachenco na Kronberg Academy. Realizou o seu debut aos 10 anos coa Kringkastingsorkestret (Orquestra da Radio de Noruega) tocando a Fantasía sobre Carmen de Pablo Sarasate.[1] En 1999 foi convidada polo director letón Mariss Jansons para tocar coa Oslo-Filharmonien.[2] Tamén tocou nunha xira por Europa e os Estados Unidos con Anne-Sophie Mutter interpretando o concerto para dous violíns de Bach.[3][4] Frang declarou que todo o que fixo na súa infancia estivo "de algún xeito acompañado da música. Era unha especie de mestura na miña vida. Estaba sempre baixo a miña pel", e dixo que mesmo ese primeiro concerto con Jansons o sentiu como unha "evolución natural".[2] En 2004 foi finalista do concurso Eurovision Young Musicians celebrado en Lucerna, Suíza.[5]
Logo do seu debut coa London Philharmonic Orchestra en 2007 foi invitada de novo para un concerto coa orquestra británica e Vladimir Jurowski no Royal Festival Hall na tempada 2009, seguido dun recital no Wigmore Hall.[6]
En maio de 2011 participou nunha xira da Nordwestdeutsche Philharmonie tocando o Concerto para violín de Sibelius en Friburgo,[7] o Tonhalle de Zürich, e o seu debut en Italia no Conservatorio "Giuseppe Verdi" de Milán. En xuño dese mesmo ano ofreceu un recital na Kronberg Academy con Michail Lifits,[8] con quen tamén tocaría en 2013 no Wigmore Hall de Londres, onde a crítica eloxiou as súas liñas "limpas e puras" e calificou a súa interpretación da Sonata en Fa Maior de Mendelssohn como "vigorosa e finamente matizada".[9] En 2013 tocou o Concerto para violín de Erich Wolfgang Korngold coa WDR Sinfonieorchester Köln dirixida por Jukka-Pekka Saraste.[10]
Frang conseguiu o premio ao Artista Novo de Credit Suisse en 2012, debutando ese mesmo ano coa Wiener Philharmoniker baixo a dirección de Bernard Haitink no Lucerne Festival.[6]
Frang toca o Stradivarius "Engleman" de 1709, instrumento cedido pola Nippon Music Foundation.[6]
Vilde Frang ten gañado numerosos concursos e premios polas súas interpretacións:
Vilde Frang ten gravado os seguintes discos, todos eles co selo EMI Classics:[13]
Ano | Título | Director ou intérprete | Orquestra | Selo |
---|---|---|---|---|
2010 | Prokofiev & Sibelius: Violin Concertos | Thomas Søndergård | WDR Symphony Orchestra | EMI Classics |
2011 | Grieg, Bartók, R.Strauss: Sonatas | Michail Lifits (piano) | - | EMI Classics |
2012 | Tchaikovsky/Nielsen: Violin Concertos | Eivind Gullberg Jensen | DR SymfoniOrkestret | EMI Classics |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.