![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d5/Vicunacrop2.jpg/640px-Vicunacrop2.jpg&w=640&q=50)
Vicuña
Especie de camélido suramericano / From Wikipedia, the free encyclopedia
A vicuña[2], (Vicugna vicugna) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos camélidos e do grupo dos camélidos suramericanos que mora no altiplano andino, entre os 3 000 aos 4 600 metros por riba do nivel do mar, no noroeste da Arxentina, o oeste de Bolivia, o nordés de Chile, sectores dos Andes do Ecuador, e nas alturas andinas do Perú, país que posúe a principal poboación da especie. Especificamente pace na puna, unha estepa elevada, desértica e desprovida de árbores, localizada por riba das zonas cultivadas.
Vicuña | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Vicuña no sur do Perú, Rexión Arequipa. | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Vicugna vicugna Molina, 1782 | |||||||||||||||||||
![]() Distribución da vicuña. |
A alpaca é unha especie domesticada que deriva da vicuña, con achegas xenéticas menores da llama.[3] É o animal que posúe o menor tamaño dentre os camélidos andinos, chegando, no máximo, a 1,30 metros de altura e podendo pesar até 40 kg. A súa pelaxe é moi fina e ten alto valor comercial; por ese motivo, a vicuña estivo a piques da extinción por mor dos cazadores ilegais. A poboación de vicuñas, que chegou a ter apenas 25 000 exemplares, chega actualmente case a 170 000 (aproximadamente 100 000 viven no Perú) e o número vén crecendo nunha media do 8% por ano.