![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/51/Redondela_Viadukt.jpg/640px-Redondela_Viadukt.jpg&w=640&q=50)
Viaduto de Madrid (Redondela)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Viaduto Pedro Floriani ou Viaduto de Madrid é unha das dúas pontes ferroviarias que atravesan o centro da vila pontevedresa de Redondela, xunto co viaduto de Pontevedra. Foi inaugurado o 30 de xullo do ano 1876 e estivo activo durante máis dun século na ruta ferroviaria Vigo-Ourense. Un dos seus contratistas suicidouse tirándose dende o alto da ponte por mor dos non pagamentos da administración[1]. No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural pero aínda non foi resolto.[2] No ano 2012 realizáronse labores de rehabilitación da estrutura.[3]
Datos rápidos Localización, Coordenadas ...
Viaduto de Madrid | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
Coordenadas | 42°16′53″N 8°36′39″O |
Río | Val de Redondela (río Alvedosa) |
Concello | Redondela |
Provincia | Pontevedra, Galicia |
Características | |
Construción | 1876 |
Lonxitude | 411 m |
Ancho | 3 m |
Material | Ferro |
Pechar