From Wikipedia, the free encyclopedia
A vexiga natatoria é un órgano de flotación que posúen moitos peixes. Trátase dunha bolsa de paredes flexíbeis chea de gas situada dorsalmente, por debaixoo da columna vertebral e por riba do tubo dixestivo, que controla a flotabilidade mediante un complexo sistema de intercambio gasoso co sangue, e permite ao peixe ascender ou descender na auga sen necesidade de utilizar a musculatura, é dicir, con pouco gasto enerxético. Tamén pode ter outras funcións, como a audición, en certas especies dulciacuícolas.
Cando a vexiga natatoria expulsa gases por compresión muscular, aumenta o peso específico do peixe, facilitando o seu descenso na auga. Cando se enche de gases, favorece o ascenso cara á superficie.
O proceso baséase na acidificación do sangue producida ao converterse a glicosa en ácido láctico. Con iso libérase no sangue oxíxeno da oxihemoglobina e dióxido de carbono do bicarbonato sódico, que se difunden na vexiga natatoria. Os gases que non chegan inmediatamente até a vexiga pasan á rede circulatoria a través dos capilares eferentes, e difúndense desde alí ao sistema aferente.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vexiga natatoria |
Schmidt-Nielsen, Knut (1997): Animal Physiology: Adaptation and Environment. Cambridge & Nova York: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-57098-5.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.