From Wikipedia, the free encyclopedia
Venus Anadiómena[1] ou "Venus saíndo do mar" é unha representación iconográfica da deusa Afrodita saíndo do mar feita famosa polo pintor Apeles. A representación orixinal de Apeles desapareceu pero se atopa descrita na Naturalis Historiæ de Plinio onde se menciona como anécdota que o pintor usou a Kampaspe, concubina de Alexandre Magno, coma a súa modelo. De acordo a Ateneo a idea de Venus saíndo do mar inspirouse en Friné, a cal durante os festivais Eleusinos e os dedicados a Poseidón nadaba espida libremente polo mar.
A imaxe representa o nacemento de Afrodita, deusa do amor, mentres emerxe das augas do mar. De acordo á mitoloxía grega Afrodita naceu xa adulta do mar, o cal renova a súa virxindade. Este tema foi bastante repetido na antigüidade, e en repetidas ocasións amósase á deusa escorrendo o pelo. Unha representación escultórica de século IV atopada nunha vila galo-romana en Aquitania (mostrada no museo do Louvre) dá testemuño da representación continua da deusa saíndo do mar durante a antigüidade tardía.
A pintura orixinal de Apeles foi levada a Roma pero xa se atopaba moi deteriorada nos tempos nos que Plinio a describe.
O tema da Venus Anadiómena retómas co desexo, dos artistas do Renacemento que lían a Plinio, de emular, e ata superar se fose posible, a Apeles. No século XV Sandro Botticelli pinta a súa famosa obra O nacemento de Venus. Outra Venus Anadiómena temperá é o baixorelevo de Antonio Lombardo que se atopa no Victoria and Albert Museum de Londres. A Venus Anadiómena de Tiziano (1525), que pertencía ao Duque de Sutherland, foi adquirida pola National Gallery of Scotland de Edimburgo no 2003.
A Venus Anadiómena ofrece un motivo natural para unha fonte: a Galería Nacional de Arte de Washington DC ten unha estatua a tamaño real de bronce na que a auga cae desde o pelo de Venus. Esta estatua foi modelada por un discípulo de Giambologna a finais do século XVI. Durante o Rococó Théodore Chassériau volve executar o tema en 1838 e a Venus Anadiómena de Jean Auguste Dominique Ingres, completada tras moitos anos en 1848, é unha das obras máis celebradas do pintor. Atópase no Museo Condé no Castelo de Chantilly, Chantilly, Francia. O nacemento de Venus de Alexandre Cabanel de 1863 baséase no fresco de Pompeia (ilustración arriba á dereita da páxina) que fora descuberto recentemente.
O nacemento de Venus de Alexandre Cabanel (1823-1889), foi amosado no Salón de París en 1863 e foi mercado por Napoleón III para a súa colección persoal. O famoso historiador da arte estadounidense, Robert Rosenblum, comentaba sobre esta obra: "Esta Venus frota entre unha antiga deidade e un sono moderno (...) e a ambigüidade dos seus ollos, que parecen pechados mais que, mirando de preto, deixan ver que ela está esperta. (...) Un espido que podería estar durmido ou esperto é especialmente imponente para un espectador masculino."[2]
A pintura de 1879 de William-Adolphe Bouguereau chamada tamén O nacemento de Venus, que refai a composición de Botticelli, é outro testemuño da popularidade continua do tema entre os pintores academicistas de finais do século XIX.
En 1870 Arthur Rimbaud evocou a imaxe dunha Clara Venus ("Venus famosa") corpulenta con todas as imperfeccións (déficits) humanas nun poema sarcástico que introduce a celulite dentro da literatura de alto nivel: A graisse sous la peau paraît en feuilles plates.
Pablo Picasso volve plasmar a imaxe da Venus anadiómena na figura central de As señoritas de Avignon de 1907, un dos incunables do cubismo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.