William-Adolphe Bouguereau

Pintor francés From Wikipedia, the free encyclopedia

William-Adolphe Bouguereau

William-Adolphe Bouguereau, nado en La Rochelle o 30 de novembro de 1825, e finado ibídem o 19 de agosto de 1905, foi un pintor academicista francés.[1] Cun talento claro dende cativo, recibiu formación artística nunha das escolas de arte máis prestixiosas do seu tempo, a Escola de Belas Artes de París, da cal posteriormente se convertería en mestre. Tamén foi mestre da Académie Julian. A súa carreira floreceu na época de ouro do academicismo, do cal foi un fervente defensor, e un dos seus representantes máis senlleiros.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
William-Adolphe Bouguereau
Thumb
Biografía
Nacemento(fr) Adolphe Williams Bouguereau
30 de novembro de 1825
La Rochelle, Francia
Morte19 de agosto de 1905 (79 anos)
La Rochelle, Francia
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse
Presidente Fondation Taylor
1885 – 1905
 Edmond Du SommerardAlbert Maignan 
Datos persoais
Residenciahôtel Bouguereau
EducaciónAcademia Francesa en Roma (1851–1853)
Escola Nacional Superior de Belas Artes (1846–1850)
Actividade
Campo de traballoPintura
Lugar de traballo París
Roma
Ocupaciónpintor
EmpregadorEscola Nacional Superior de Belas Artes
Membro de
Xénero artísticoRetrato, pintura de figuras e pintura mitolóxica
MovementoAcademicismo e Escola de Pont-Aven
Catálogo críticoWilliam Bouguereau: His Life and Works (30 de xuño de 2014)
ProfesoresFrançois-Édouard Picot
AlumnosPierre Auguste Cot../... 40+
MecenasPaul Durand-Ruel
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElizabeth Jane Gardner (1896–1905)
Marie-Nelly Monchablon (1866–1877), morte do cónxuxe
ParellaMarie-Nelly Monchablon (1856–1866)
FillosHenriette Vincens
 () Marie-Nelly Monchablon
Georges Bouguereau
 () Marie-Nelly Monchablon
Jeanne Bouguereau
 () Marie-Nelly Monchablon
Paul Bouguereau
 () Marie-Nelly Monchablon
Maurice Bouguereau
 () Marie-Nelly Monchablon
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
WikiTree: Bouguereau-1
Pechar

A súa pintura caracterízase polo completo dominio da forma e da técnica, cun acabado de alta calidade, que acadan grandes efectos de realismo. En termos de estilo, foi parte da corrente ecléctica que dominou a segunda merade do século XIX, mesturando elementos do neoclasicismo e do romanticismo nun enfoque naturalista cunha boa dose de idealismo. Deixou unha obra vasta, centrada en temas mitolóxicos, alegóricos, históricos e relixiosos, e retratos nus e de xoves campesiñas.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.