Veiga, A Bola
parroquia civil do concello da Bola From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello da Bola From Wikipedia, the free encyclopedia
San Munio de Veiga é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 300 habitantes (136 mulleres e 1348 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 337 habitantes.
Veiga | |
---|---|
Tímpano dunha porta da Igrexa de San Munio de Veiga. | |
Concello | A Bola[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°08′15″N 7°55′48″O |
Poboación | 300 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O mosteiro de San Munio de Veiga[2] foi fundado no século IX por San Munio, que está enterrado na súa capela maior[3]. Dependeu das ordes militares de San Xoán de Xerusalén e de Santiago. O templo románico do mosteiro ten imaxinería románica e gótica e unha cruz de esmaltes do século XII. No muro que rodea o adro hai dous relevos dun antigo baldaquino con escenas da Anunciación.
Nun muro da casa reitoral foi atopada unha ara romana adicada a Xúpiter, que se conserva no interior da igrexa parroquial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.