Cidade do Vaticano
país de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.
Civitas Vaticana (la) ![]() | |||||
Himno | Inno e Marcia Pontificale ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «sen valor» ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Outeiro Vaticano ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Enclave en | Roma e Italia ![]() | ||||
Capital | sen valor Cidade do Vaticano ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 764 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua italiana lingua francesa lingua latina ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,49 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Outeiro Vaticano (77 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Praza de San Pedro (33 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 11 de febreiro de 1929: Estado soberano causado por Pactos Lateranenses ![]() | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Teocracia monarquía electiva monarquía absoluta absolute theocratic monarchy (en) ![]() monarquía constitucional ![]() | ||||
• Papa ![]() | Francisco (2013–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Governorate of Vatican City State (en) ![]() ![]() | ||||
• Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade ![]() | Fernando Vérgez Alzaga (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano , (Escano: 7) ![]() | ||||
Membro de | |||||
Moeda | euro ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 00120 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .va ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +39 e +379 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 ![]() | ||||
Código de país | VA ![]() | ||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | ||||
Data | 1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iv) e (vi) ![]() | ||||
Identificador | 286 | ||||
Ben cultural baixo protección especial | |||||
Data | 18 de xaneiro de 1960 | ||||
Páxina web | vaticanstate.va ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito internacional). En rigor, é a Santa Sé, e non o Estado do Vaticano, a que mantén relacións diplomáticas cos demais países do mundo. Doutra banda, o Vaticano é quen dá o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Sé. As dúas entidades aínda teñen pasaportes diferentes, aínda que en ámbolos casos son moi poucos os existentes.
A denominación oficial completa en latín desta estado é: Status Civitatis Vaticanæ, sendo en italiano a denominación completa Stato della Città del Vaticano, nome que vén do Monte Vaticano (do latín "Vaticinĭum": predición; antigamente moraba no outeiro un oráculo etrusco). A Cidade do Vaticano é unha monarquía eclesiástica ou sacerdotal, gobernada polo bispo da diocese romana, o Papa, polo que pode considerarse a única monarquía electiva de Europa, aínda cando o Sumo Pontífice delega as funcións de goberno no Secretario de Estado. Posúe ademais o exército máis pequeno do mundo, a Garda Suíza, composta tan só por 110 soldados.