From Wikipedia, the free encyclopedia
Un vaso (do latín vas, vasis) é un recipiente destinado a conter líquidos e do cal bébese directamente, principalmente aqueles de forma cilíndrica ou cónica, abertos, sen asa nin pé, e fabricados en vidro ou outros materiais. Por extensión denomínase tamén vaso á cantidade de líquido contida neste recipiente.
Aqueles con asa ou orella adoitan denominarse cuncas ou canecas, e aqueles con pé adoitan denominarse copas. Os límites entre un vaso e outro tipo de recipientes similares pode ser difuso. Algúns vasos pequenos poden denominarse copas aínda que non posúan pé. Outros tipos de vasos son os específicos para tomar sidra. Estes vasos son máis anchos e altos que os normais. Úsanse tamén para escanciar a sidra (bebida típica de Asturias).
Xeralmente un vaso pode sosterse de pé por si mesmo cunha abertura na parte superior, a cal é de igual ou maior diámetro que a base, sendo estes diámetros usualmente menores á altura do recipiente. A base forma parte do receptáculo colector (a diferenza dunha copa) e non ten asas ou orellas. É un recipiente destinado para conter a bebida dunha persoa e do cal de bebe directamente, a diferenza dunha xerra. Usualmente o tamaño permite que sexa fácil de asir cunha man sen necesidade de asas ou orellas.
O material dun vaso é unha característica importante xa que debe conter ao líquido sen contaminalo e sen desfacerse. O vaso adoita estar feito dun só material. O vidro é o material por excelencia dos vasos ao momento que en linguas como o inglés, o alemán ou o francés úsase a mesma palabra para vaso e vidro: glass, Glas, verre, respectivamente. Ademais do vidro, os vasos poden ser fabricados en distintos plásticos, papel, metal ou cerámica. As forma máis común é en forma de cilindro ou de cono truncado. Ten un fondo de material mais groso para soportar a temperatura.
Tamén se denomina vaso á cantidade de líquido contida nun vaso. Dada, con todo, a gran cantidade de formas e tamaños que os vasos poden adoptar, a medida non é moi precisa, pero pode asumirse unha medida de preto de 200 cm³.
Unha clasificación elemental diferenza tres tipos básicos: o vaso curto, o vaso longo e o gotiño. Segundo as culturas, zonas xeográficas ou bebida que conteña pode chamarse tamén: chato, culín, vaso de grolo curto ("short glass") etc. Unha tipoloxía máis rica, non exhaustiva, podería resumirse no seguinte cadro:
O vocabulario dos vasos é caprichoso. O nas rocas (on the rocks) debe o seu nome ao aspecto dos xeos que se poñen nel antes de servir a bebida.
Vasos de fondo plano.
Vasos de cervexa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.