rei de Armenia From Wikipedia, the free encyclopedia
Varazdat (en armenio: Վարազդատ), foi rei da Armenia arsácida desde o 374 até o 378.[1]
Nome orixinal | (hy) Վարազդատ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IV |
Morte | século IV |
King of Armenia (en) | |
Rei de Armenia | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Deporte | boxeo |
Familia | |
Familia | Dinastia arsácida da Arménia (pt) |
Fillos | Khosrov III, Vram Shepuh |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia |
Derivado do persa medio warāz, que significa "xabaril", e combinado con dātan, que significa "dar", o nome Varazdat (en persa: ورازداد ) significa aproximadamente "dado por xabarís" ou "o que da xabarís".[2]
Varazdat foi o sobriño e sucesor do anterior rei arsácida de Armenia, Pap,[3] que reinou desde o 370 ata o 374. Segundo San Mesrop Mashtots, o sacerdote e historiógrafo de Nerses I, o pai de Varazdat era Anob, mentres que a identidade da nai é descoñecida. Anob que era un príncipe arsácida, era medio irmán por parte de pai de Pap. Ademais, segundo Fausto de Bizancio, Varazdat proclámabase como sobriño de Papas e o historiador revela as relacións de Varazdat cos arsácidas armenios.O avó paterno de Varazdat era o monarca arsácida Arsaces II, que gobernou como rei monicreque de Armenia dende o 350 ata o 368, mentres que a súa avoa paterna era unha muller de nome descoñecido coa que Arsaces II casou antes do seu reinado, e que morreu antes do ano 358. Pouco se sabe dos primeiros anos da vida de Varazdat.
Algún tempo antes do comezo do seu reinado, Varazdat participou nos Xogos Olímpicos de Grecia. Está considerado como un dos últimos competidores nos Xogos antes de que os prohibise Teodosio I.[4] A vitoria de Varazdat na proba do puxilato foi rexistrada na Historia de Armenia de Moisés de Corene. Xa que reinou do 374 ao 378, crese que a súa vitoria aconteceu na década de 360.[5] Varazdat é o segundo armenio coñecido en participar nos Xogos Olímpicos, despois de que o fixese o seu antepasado Tiridates III de Armenia. A vitoria de Varazdat tamén é coñecida por un memorando que se conserva no Museo Olímpico de Olimpia.[6]
Por iniciativa do Comité Olímpico Nacional de Armenia o 8 de maio de 1998 instalouse un busto de Varazdat na Academia Olímpica Internacional en Olimpia. O autor da escultura foi Levon Tokmajyan.[7]
Despois do asasinato do seu tío Pap, o emperador romano Valente enviou a Armenia a Varazdat, que daquela vivía en Roma, para que ocupase o trono arsácida. Varazdat comezou a gobernar baixo a rexencia de Mushegh I Mamikonian, cuxa familia era prorromana. Varazdat, de igual xeito que o seu tío, promoveu agresivamente o arianismo.[8]
A situación en Armenia, disputada entre romanos e persas sasánidas, foise deteriorando. Algún tempo despois da retirada das forzas romanas, Varazdat matou o rexente Mushegh Mamikonian. O posto vacante de sparapet foi rapidamente cuberto por Manuel Mamikonian que servira baixo Shapur II na última guerra cuxana. Manuel tomou as armas contra Varazdat e obrigouno a fuxir de Armenia no 378, despois de catro anos de reinado. Varazdat buscou refuxio en Roma.[9] Manuel xunto coa viúva de Pap, Zarmandukht, e o seu primeiro fillo, Arsaces III, formaron un novo goberno provisional aliado con Persia. Shapur II guarneceu un exército de 10.000 homes en Armenia ao mando de Suren, ao igual que Valente no 377. Finalmente Manuel sublevouse contra Persia e defendeu a soberanía armenia contra Roma e Persia ao longo da década de 380 ata a súa morte.[9]
Valente enviou a Varazdat ás illas británicas.[10] Probablemente Varazdat morreu no exilio e descoñécese a data da súa morte.
As evidencias arqueolóxicas e as antigas fontes históricas armenias e romanas do período non indican que Varazdat tivese muller ou fillos. Con todo, as xenealoxías modernas presentan a Varazdat como o pai de Khosrov IV e Vramshapuh.[11][12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.