Varanus
xénero de lagartos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Varanus é un xénero de lagartos de gran tamaño da familia dos varánidos, xeralmente chamados varanos (como todos os da familia) ou lagartos monitor. Son nativos de África, Asia e Oceanía, pero agora poden encontrarse en América como especies invasoras. Actualmente recoñécense un total de 79 especies deste xénero.
Varanus Rango fósil: Mioceno - Actual | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Varanus albigularis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Varanus varius Shaw, 1790 | |||||||||||||
Subxéneros | |||||||||||||
|
Teñen pescozos longos, poderosas colas e garras, e patas ben desenvolvidas. A lonxitude do adulto das especies existentes vai de 20 cm nalgunhas especies a uns 3 m no dragón de Komodo, aínda que o varánido extinto chamado megalania (Varanus priscus) puido chegar a lonxitudes de máis de 7 m. A maioría das especies son terrestres, mais tamén as hai arbóreas e semiacuáticas. Aínda que a maioría son carnívoros que comen ovos pequenos réptiles, peixes, aves e pequenos mamíferos, algúns tamén comen froita e vexetación, dependendo do lugar onde vivan.[1]
Aínda que normalmente son solitarios, son comúns grupos de ata 25 individuos en ecosistemas que teñen recursos de auga limitados.