Os varánidos (Varanidae), xeralmente chamados varanos[1], son unha familia de lagartos da superfamilia Varanoidea. A familia é un grupo de lagartos carnívoros e fruxívoros,[2] entre os que está incluído o extinto megalania (o lagarto máis grande coñecido), e o actual dragón de Komodo (o lagarto vivo máis grande), e o Varanus salvadorii. Os Varanidae comprenden o xénero vivo Varanus e varios taxons extintos. Os seus parentes vivos máis próximos son os ánguidos e os helodermátidos (se consideramos Lanthanotus dentro da familia).[3]

Máis información Varánidos Rango fósil: Cretáceo tardío - Holoceno(desde hai 80 millóns de anos), Clasificación científica ...
Varánidos
Rango fósil:
Cretáceo tardío - Holoceno
(desde hai 80 millóns de anos)

Dragón de Komodo (Varanus komodoensis)

Varanus exanthematicus
Varanus exanthematicus

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Superfamilia: Varanoidea
Familia: Varanidae
Merrem, 1820
Xéneros

Véxase o texto

Pechar

Taxonomía

Varanidae foi definido por Estes, de Queiroz e Gauthier (1988) como o clado que contiña o antepasado común máis recente de Lanthanotus e Varanus e todos os seus descendentes.[4] Uha definición similar formulárona Conrad et al. (2008), que definiron Varanidae como o clado que contiña Varanus varius, Lanthanotus borneensis e todos os descendentes do seu último antepasado común.[5] Usando unha destas definicións hai que incluír o varano sen oídos Lanthanotus borneensis na familia Varanidae.

Lee (1997) creou unha definición diferente de Varanidae, definíndoo como o clado que contén Varanus e todos os taxons máis estreitamente relacionados con Varanus que con Lanthanotus;[6][7] esta definición exclúe explicitamente o varano sen oídos dos Varanidae. Que Lanthanotus borneensis sexa incluído ou non en Varanidae depende do autor: por exemplo, Vidal et al. (2012) clasifican o varano sen oídos nunha familia separada, Lanthanotidae,[8] mentres que Gauthier et al. (2012) clasifícano dentro de Varanidae.[9]

Xénero

O extinto Saniwa ensidens
O Varanus olivaceus é un varánido arbóreo de Filipinas principalmente fruxívoro
Os xéneros marcados con † están extintos

Os xéneros normalmente incluídos en Varanidae (dentro da subfamilia Varaninae egundo Conrad et al., 2008)) son:

  • Iberovaranus Hoffstetter, 1969 - Considerado un sinónimo júnior de Varanus por Delfino et al. (2013).[10]
  • Ovoo Norell, Gao, & Conrad, 2008[11]
  • Saniwa Leidy, 1870
  • Varanus Shaw, 1790

Outros xéneros ás veces incluídos en Varanidae (na subfamilia Lanthanotinae segundo Conrad et al., 2008), pero tratados como unha familia diferente, Lanthanotidae, por outros autores son:

  • Aiolosaurus Gao e Norell, 2000[11]
  • Cherminotus Borsuk-Bialynicka, 1984
  • Lanthanotus Steindachner, 1878

Varanoides basais:

  • Saniwides Borsuk-Bialynicka, 1984
  • Telmasaurus Gilmore, 1943[11]
  • Palaeosaniwa Gilmore, 1928 - En realidade podería estar máis emparentado cos helodermátidos que cos varánidos.[5]

Anteriormente incluídos en Varanidae:

  • Pachyvaranus Arambourg, 1952 - Movido a un grupo separado de varanoides escamosos denominado Pachyvaranidae por Houssaye et al. (2011).[12]

Filoxenia

Velaquí un cladograma de Conrad et al. (2008) que mostra as relacións dentro de Varanoidea:[13]

Varanoidea 

Mosasaurs

"Saniwa" feisti

Necrosaurus

Saniwides

Telmasaurus

 Varanidae 
 Lanthanotinae 

Aiolosaurus

Lanthanotus

Cherminotus

 Varaninae 

Ovoo

Saniwa

Varanus

Bioloxía

Os varanos monitor están considerados uns dos lagartos máis intelixentes. A maioría das especies buscan continuamente alimento e teñen amplos dominios vitais,[14] e moitos son moi resistentes.[15] Aínda que a maioría das especies son carnívoras, hai tres arbóreas en Filipinas (Varanus olivaceus, Varanus mabitang e Varanus bitatawa) que son principalmente fruxívoras.[2][16] Entre as especies de varánidos vivos, as extremidades mostran unha alometría positiva, xa que son máis grandes nas especies de corpo meirande, aínda que os pés se fan máis pequenos se os comparamos coas lonxitudes doutros segmentos da extremidade.[17]

Os varánidos presentan un fluxo de aire pulmonar unidireccional, incluíndo sacos aéreos similares aos que teñen as aves.[18]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.