activista medioambiental ugandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Vanessa Nakate, nada en Kampala o 15 de novembro de 1996, é unha activista climática ugandesa.[1] Medrou en Kampala e comezou o seu activismo en decembro de 2018, despois de térense rexistrado unhas temperaturas infrecuentemente altas no seu país.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1996 (27 anos) Kampala, Uganda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Uganda |
Relixión | Cristianismo |
Educación | Escola de Negocios da Universidade Makerere |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Cabelo castaño e pelo negro |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía da empresa |
Ocupación | activista climática |
Período de actividade | 2018 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Participou en | |
22 de maio de 2022 | World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) |
IMF 2022 Annual Meetings (en) | |
Premios
| |
Nakate graduouse en xestión empresarial en Márketing pola Escola de Negocios da Universidade Makerere.[3]
Inspirada por Greta Thunberg, comezou o seu propio movemento climático en Uganda, comezando en xaneiro de 2019 cunha folga en solitario contra a inacción do seu país fronte a crise climática.[4] Ó longo de varios meses foi a única manifestante fóra das portas do Parlamento de Uganda.[3] Finalmente, outros mozos comezaron a responder ás súas chamadas nas redes sociais para axudala e chamar a atención sobre a difícil situación das selvas tropicais no Congo.[5] Nakate fundou "Youth for Future Africa" (Mocidade pola África do Futuro) e o movemento Rise Up (Érguete), con sede en África. [6]
En decembro de 2019, Nakate foi unha das poucas activistas xuvenís que falou na reunión da COP25 en España.[7]
A comezos de xaneiro de 2020, uniuse a outros 20 mozos activistas climáticos de todo o mundo para publicar unha carta ós participantes no Foro Económico Mundial, pedindo ás empresas, bancos e gobernos que deixen de subsidiar os combustibles fósiles.[8] Quedou no campamento base do Ártico en Davos durante o Foro Económico Mundial. Posteriormente, os delegados uníronse a unha marcha climática o derradeiro día do Foro.[9]
En marzo de 2022, activistas ambientais ugandeses atacaron o megaproxecto petroleiro TotalEnergies no leste de África. A Asemblea Nacional francesa recibiu catro principais activistas xuvenís, os cales fixeron presión para que o goberno se posicione sobre o proxecto. Vanessa Nakate foi unha delas.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.