![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8d/Van-Morrison.jpg/640px-Van-Morrison.jpg&w=640&q=50)
Van Morrison
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir George Ivan Morrison, OBE, nado en Belfast o 31 de agosto de 1945,[1] é un cantante e compositor e produtor de discos norteirlandés, expoñente do chamado celtic soul e coñecido como "Van the Man" polos seus fans[2] ten unha carreira musical que, polo de agora, abrangue sete décadas.
![]() (2007) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) George Ivan Morrison ![]() 31 de agosto de 1945 ![]() Belfast, Reino Unido ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido ![]() |
Educación | Elmgrove Primary School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , compositor de cancións , produtor musical , cantautor , artista discográfico , pianista , músico , cantante , poeta , compositor , saxofonista ![]() |
Período de actividade | 1958 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Fusion, blue-eyed soul e Música celta ![]() |
Pseudónimo literario | Van Morrison ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Guitarra, Saxofón, Harmónica, voz, saxofón alto, guitarra acústica, guitarra eléctrica, violão de doze cordas (pt) ![]() ![]() |
Selo discográfico | Decca Records Bang Records (1967–) Warner Bros. Records (1968–) Mercury Records (1979–) ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Michelle Rocca |
Fillos | Shana Morrison (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
Páxina web | vanmorrison.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Morrison comezou a actuar cando era mozo a finais da década de 1950. Tocou unha variedade de instrumentos como guitarra, harmónica, teclados e saxofón para varias bandas irlandesas, interpretando os éxitos populares daquela época. Nese tempo, foi o saxofonista da banda chamada The Monarchs antes de se converter, a mediados da década de 1960, no cantante principal da banda de rock e R&B de Irlanda do Norte, Them, coa que conseguiu certa notoriedade e coa que gravou o clásico da bandas de garaxe "Gloria"; tema que, posteriormente foi popularizado e versioneado por The Doors, The Shadows of Knight e Patti Smith.[3]
En 1967, comezou en Nova York a súa carreira en solitario co lanzamento dun LP, Blowin' Your Mind, producido por Bert Bens.[4] Trala morte deste, a Warner Bros. Records comprou o contrato de Morrison e permitiulle tres sesións para gravar Astral Weeks (1968).[5] Aínda que nun primeiro momento era un mal vendedor, o álbum pasou a ser considerado un clásico.[6] En 1970, o novo disco, Moondance, elevou a Morrison á categoría de artista importante,[7] e foi ao longo desa década cando construíu a súa reputación cunha feixe de álbums e actuacións en directo que foron moi aclamadas.
Gran parte da música de Morrison estrutúrase arredor das convencións da música soul e do R&B. Outra boa do seu catálogo está formada por longas viaxes musicais de inspiración espiritual que amosan a influencia da tradición celta, o jazz e a narrativa fluída da conciencia, como o álbum Astral Weeks.[4][8] As dúas cepas xuntas, ás veces, denomínanse "soul celta".[9] As súas actuacións en directo foron descritas como "transcendentais" e "inspiradas",[10][11] e a súa música como acadando "unha especie de transcendencia violenta".[12]
Os álbums de Morrison tiveron un éxito importante en Irlanda e no Reino Unido, con máis de 40 que alcanzaron o top 40 do Reino Unido. Co lanzamento de Latest Record Project, Volume 1, logrou os dez mellores álbums no Reino Unido en catro décadas consecutivas.[13] Dezaoito dos seus álbums alcanzaron o top 40 dos Estados Unidos, doce deles entre 1997 e 2017.[14] Recibiu dous premios Grammy e sete nomeamentos,[15] o Brit Award de 1994 á súa contribución excepcional á música, o Americana Music Lifetime Achievement Award de 2017 á composición de cancións e foi incluído tanto no Rock and Roll Hall of Fame como no Songwriters Hall of Fame. En 2016, foi nomeado Sir polos servizos á industria musical e ao turismo en Irlanda do Norte.[2][16]