Guitarra eléctrica
guitarra con transductores electromagnéticos que converten as vibracións das cordas en sinais eléctricos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha guitarra eléctrica é unha guitarra cun ou máis transductores electromagnéticos ("pastillas") que converten as vibracións das cordas en sinais eléctricas capaces de ser amplificadas e procesadas. Hai guitarras sen caixa de resoancia (guitarra eléctrica sólida) ou cunha caixa máis pequena do habitual (semisólida), ás veces con buratos cara ao exterior con formas en "f" semellantes aos das caixas de resoancia dos violíns e outros instrumentos acústicos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Inventada en 1931, a guitarra eléctrica fíxose moi necesaria para os músicos de jazz xa que estes precisaban amplificar o seu son debido a que o resto dos instrumentos das bandas tiñan unha sonoridade máis alta. Dende entón a guitarra eléctrica converteuse no instrumento máis importante da música popular, e é moi usada en moitos estilos, incluíndo todos os xéneros de rock and roll, heavy metal, música country, pop, jazz, blues, e incluso a música clásica contemporánea.