Valie Export tamén VALIE EXPORT, nada en Linz o 17 de maio de 1940, o seu nome de nacemento é Waltraud Lehner e despois da súa voda Waltraud Höllinger, é unha artista feminista austríaca. O seu traballo inclúe videoinstalacións, performances, cine expandido, animacións de computador, fotografía, escultura e publicacións sobre arte contemporánea. É unha das artistas pioneiras en analizar as políticas de xénero. Na súa creación abórdanse temas como a identidade, o sexo e o corpo como modo de expresión e linguaxe.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Valie Export
(2013)
Biografía
Nacemento
(de-at) Waltraud Lehner 17 de maio de 1940 (84 anos) Linz, Austria