![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/La_Cara_de_Barcelona_-_001.jpg/640px-La_Cara_de_Barcelona_-_001.jpg&w=640&q=50)
Arte contemporánea
arte da actualidade comezando con Arte Pop e Arte Conceptual / From Wikipedia, the free encyclopedia
A arte contemporánea refírese tanto ás artes visuais practicadas hoxe en día como á arte feita dende os anos 60 ata o Século XXI. A Arte Contemporánea pode verse como unha Arte posmoderna ou arte que está en contra do Modernismo. Aínda así, o termo posmodernismo pode referirse ó tempo comprendido dende os anos 60 ata hoxe e á arte feita hoxe en día, debido a que moitos artistas seguen a traballar no eido do Modernismo. Nestas últimas décadas , o “contemporáneo” converteuse no termo preferido, sendo no século XXI as Galerías de Arte Contemporánea as que traballan a prol das novas artes.