From Wikipedia, the free encyclopedia
Vakhtang "Buba" Kikabidze (en xeorxiano: ვახტანგ "ბუბა" კიკაბიძე), nado en Tiflis o 19 de xullo de 1938 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2023,[1] foi un cantante, actor e compositor xeorxiano.
Fillo da princesa Manana Bagration-Davitashvili e do xornalista Konstantin Kikabdidze, morto en combate en 1942[2] durante a segunda guerra mundial, cando Vakhtang tiña tres anos. Entre 1955 e 1957 estudou na Universidade de Tiflis e de 1961 a 1963 no Instituto de Linguas Estranxeiras de Tiflis. En 1966 fixo a súa primeira aparición no cinema e nese ano uniuse ao grupo Orera. Protagonizou o filme Minimo en 1977 que se converteu na súa interpretación máis coñecida, outros filmes nos que actuou foronNe Goryui (1970), Sovsem propaschij (1974) e o último filme foi Fortuna (2000). Como director realizou Itsotskhle genatsvale en 1981 e Mamakatsebi en 1985.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.