Vagharshapat
cidade de Armenia From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade de Armenia From Wikipedia, the free encyclopedia
Vagharshapat (en armenio: Վաղարշապատ) é a cuarta meirande cidade de Armenia e a máis poboada da provincia de Armavir. Atópase a uns 18 km ao oeste da capital do país Iereván, e a uns 10 km ao norte da fronteira entre Turquía e Armenia. Tamén é coñecida como Ejmiatsin (ou escrito como Echmiadzin e Etchmiadzin, en Էջմիածին, ɛt͡ʃʰmjɑˈt͡sin), que foi o nome oficial entre 1945 e 1995.[1] Aínda se usa de maneira habitual, coloquialmente e na burocracia oficial, sendo un caso de dobre nome.[2]
Վաղարշապատ (hy) Էջմիածին (hy) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Armenia | |||
Marz | Provincia de Armavir | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 57.500 (2010) (4.423,08 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua armenia | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 13 km² | |||
Altitude | 853 m | |||
Creación | 685 a. C. | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 1101–1109 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 231 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Daugavpils Issy-les-Moulineaux (1989–) Petrozavodsk (pt) (2004–) Fresno (2009–) Serguiev Possad (pt) (2010–) Aghdara (pt) (2010–) Hadrut (en) (2010–) | |||
Páxina web | ejmiatsin.am | |||
A cidade é máis coñecida como a sé da catedral de Etchmiadzin e da Santa Sé de Etchmiadzin, o centro da Igrexa apostólica armenia. Polo tanto, é coñecida extraoficialmente nas fontes occidentais como unha "cidade santa"[3][4] e en Armenia como a "capital espiritual" do país.[5] Foi unha das principais cidades e a capital do antigo Reino de Armenia.[6] Reducida a unha pequena cidade a comezos do século XX, experimentou unha grande expansión durante o período soviético converténdose, efectivamente, nun suburbio de Iereván.[7][8] A súa poboación supera os 37.000 habitantes segundo as estimacións de 2016.
En 2000, as igrexas de Vagharshapat, xunto coas achegadas ruínas da catedral de Zvartnots, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[9] As igrexas principais inclúen:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.