Vadim Demidov
futbolista noruegués From Wikipedia, the free encyclopedia
futbolista noruegués From Wikipedia, the free encyclopedia
Vadim Sergeievich Demidov (En ruso: Вади́м Сергеевич Деми́дов, en letón: Vadims Demidovs), nado en Riga o 10 de outubro de 1986, é un futbolista letón nacionalizado noruegués que xoga na demarcación de defensa.
Demidov | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Vadim Sergeievich Demidov | ||
Nacemento | 10 de outubro de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Riga | ||
Altura | 1,85 m | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
IL Runar | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2006 | Sandefjord BK | 1 | (0) |
2005 | → Fram Larvik (cedido) | ||
2006 | → Manglerud Star (cedido) | 30 | (2) |
2007 | Hønefoss BK | 27 | (0) |
2008–2010 | Rosenborg BK | 79 | (4) |
2010–2012 | Real Sociedad | 36 | (0) |
2012–2013 | Eintracht Frankfurt | 5 | (0) |
2013 | → Celta de Vigo (cedido) | 12 | (0) |
2013- | FC Anzhi Makhachkala | ||
Selección nacional | |||
2008– | Noruega | 16 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de febreiro de 2013. Selección: actualizado a 13 de novembro de 2012.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Nado en Letonia cando esta aínda formaba parte da Unión Soviética, forma parte da minoría rusa do país. O seu pai Segei Demidov fora internacional coa Selección soviética de Balonman. Tras o desplome da Unión Soviética emigra coa familia a Noruega ao ser contratado seu pai como adestrador de balonmán.
Comezou a xogar no Sandefjord BK da Adeccoligaen, onde sufriu unha importante lesión. Tras recuperarse marchou cedido ao Manglerud Star, onde chamou a atención do Hønefoss BK, tamén da Segunda División de Noruega.
A súa boa tempada no Hønefoss fixo que se fixaran nel os principais equipos de Noruega, fichando finalmente polo Rosenborg BK na tempada 2008/10
En xaneiro de 2011 queda libre no equipo noruegués e ficha pola Real Sociedad. Debuta en Primeira División o 29 de xaneiro de 2011. Pese a ser titular a maior parte da tempada, a consolidación doutros defensas fano perder a titularidade[1], polo que é traspasado ao Eintracht Frankfurt, recentemente ascendido á Primeira División Alemá[2].
No mercado de inverno da tempada 2012/13 é cedido ao Celta de Vigo[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.