![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/Behi_frisiarrak.jpg/640px-Behi_frisiarrak.jpg&w=640&q=50)
Vaca frisoa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A vaca frisoa ou vaca Holstein é unha raza vacúa procedente da rexión frisosaxoa (Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein en Alemaña, Frisia e Holanda Setentrional nos Países Baixos), que destaca pola súa alta produción de leite e carne e a súa boa adaptabilidade. Estas características fixeron que fose adoptada en gandarías de numerosos países. De feito, hoxe en día é a raza máis común en todo o mundo en granxas para a produción vacúa de leite. Porén, o leite producido por esta vaca ten menores contidos en graxa e proteína ca outras razas vacúas.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/Behi_frisiarrak.jpg/640px-Behi_frisiarrak.jpg)
Ao naceren pesan arredor de 40 kg. As vacas frisoas chegan a pesar ao redor de 600 kg, mentres que os touros alcanzan os 1000 kg.
A primeira exportación de vacas frisoas desde Holanda ata os Estados Unidos foi en 1705, pero as maiores importacións fixéronse entre 1879 e 1887.[2]