dinastía do antigo Exipto From Wikipedia, the free encyclopedia
A Oitava dinastía do antigo Exipto (VIII Dinastía) é unha liña de faraóns mal coñecida e de curta duración que reinou nunha rápida sucesión a principios do século XXII a.C., probablemente coa súa sede de poder en Menfis. A VIII Dinastía dominou nun momento coñecido como o final do Antigo Reino ou o comezo do Primeiro Período Intermedio. O poder dos faraóns diminuíu mentres o dos gobernantes provinciais, coñecidos como nomarcas, era cada vez máis importante, xa que o estado exipcio convertérase de facto nun sistema feudal. Malia as estreitas relacións entre os reis dos Menfitas e os poderosos nomarcas, especialmente os de Coptos, a VIII Dinastía foi finalmente derrocada polos nomarcas de Heracleópolis Magna, que fundaron a IX dinastía. A VIII Dinastía ás veces combínase coa VII Dinastía precedente, debido á falta de probas arqueolóxicas para esta última, poida que sexa ficticia.
Localización | |||
---|---|---|---|
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Sucedido por | IX dinastía exipcia | ||
Os exiptólogos estiman que a VIII Dinastía gobernou Exipto durante aproximadamente de 20 a 45 anos e propuxéronse diversas datas: 2190 - 2165 a.C.,[1] 2181 - 2160 a.C.,[2][3] 2191 - 2145 a.C.,[4] 2150 - 2118 a.C.[5]
Dúas fontes históricas que datan do Novo Reino listan faraóns pertencentes á VIII Dinastía. A máis antiga das dúas e principais fontes históricas da VIII Dinastía é a Lista Real de Abidos, escrita durante o reinado de Seti I. Os faraóns que figuran nas entradas 40 a 56 da lista real de Abidos sitúanse entre o final da VI dinastía do período do Antigo Reino e o comezo da XI dinastía do Reino Medio. Ademais, os nomes destes faraóns son diferentes dos coñecidos das dinastías IX e X, ningún dos cales está na lista de Abidos. Como consecuencia, as entradas 40 a 56 da lista asígnasen ás VII e VIII Dinastías.
A outra fonte do Novo Reino na VIII dinastía é a Lista real de Turín, que escribíuse durante o reinado de Ramsés II. O papiro de Turín copiouse dunha fonte anterior que, como demostrou o exiptólogo Kim Ryholt, estaba chea de lagoas e debía estar en mal estado. Ademais, o papiro de Turín está moi danado e non se pode ler sen moitas dificultades. En total hai tres nomes nos fragmentos de papiro que poderían asignarse a faraóns da VIII Dinastía. Estes son Netjerkare Siptah, outro nome difícil de ler e finalmente, o de Qakare Ibi, o 53º faraón da lista real de Abidos. Parece haber espazo para dous[6] ou tres[7][8] faraóns máis antes de que rematase a dinastía, como figura na lista. Isto indicaría que as partes desaparecidas da lista de Turín probablemente contiñan aos faraóns rexistrados do cincuenta e un ao cincuenta e cinco da Lista real de Abidos. Debido a que o papiro de Turín omite aos primeiros nove faraóns da lista de Abidos, W.C. Hayes cre razoable que os exipcios puidesen dividir nese momento as dinastías VII e VIII.[6]
O sacerdote exipcio Manetón escribiu unha historia de Exipto durante o século III a.C. coñecida como a Aegyptiaca. A obra de Manetón non sobreviviu ata o día de hoxe e só a coñecemos por tres escritores posteriores que a citaron. Por desgraza, estas tres fontes son extremadamente difíciles de traballar. Por exemplo, moitas veces se contradín entre elas, como é o caso dos dous historiadores antigos, Sexto Xulio Africano e Eusebio de Cesarea, que citan da sección de Aegyptiaca sobre a sétima e oitava dinastías. Africano afirma que a VII Dinastía constaba de 70 faraóns que gobernaron durante un período de setenta días en Menfis, e a VIII Dinastía constaba de 27 faraóns que reinaron durante 146 anos. Non obstante, Eusebio rexistra que durante a VII Dinastía cinco faraóns gobernaron durante setenta e cinco días, e a VIII Dinastía inclúe cinco faraóns que gobernaron durante 100 anos. Setenta faraóns en setenta días normalmente considérase a versión correcta de Manetón sobre a VII Dinastía, pero probablemente non sexa un relato real da historia. Ao contrario, isto interpretase como que os faraóns deste período foron extremadamente efémeros e que a utilización de setenta pode ser un xogo de palabras sobre o feito hecho de que esta fose a Sétima Dinastía de Manetón.[9] Debido a que Manetón non proporciona datos históricos reais sobre este período e non apareceron evidencias arqueolóxicas para a Sétima Dinastía, moitos exiptólogos argumentaron que esta dinastía é ficticia.[10] No que se refire á VIII Dinastía, agora acéptase que a estimación de Manetón para a súa duración é unha sobreestimación moi substancial da realidade. [8]
As principais evidencias arqueolóxicas para os faraóns da VIII Dinastía son os decretos reais descubertos en Coptos, que nomean a algúns dos últimos faraóns da dinastía. Outras probas dos primeiros faraóns da dinastía proveñen de tumbas en Saqqara, en particular a pirámide de Qakare Ibi en Saqqara. Máis aló diso, hai inscricións reais atopadas en Wadi Hammamat e no Alto Exipto, ademais doutras non reais do Alto Exipto.[8] [11][12]
A VIII Dinastía clasificouse tradicionalmente como a primeira dinastía do Primeiro período intermedio debido á natureza efémera dos reinados dos seus faraóns, así como á escaseza de probas contemporáneas, deixando entrever unha caída do estado no caos. A reavaliación recente das probas arqueolóxicas demostrou unha forte continuidade entre a Sexta e a Oitava Dinastías, polo que o exiptólogo Hratch Papazian propuxo que a Oitava Dinastía máis que a Sexta debería verse como a última do período do Antigo Reino.[8]
Dado que cinco faraóns da VIII dinastía levaron o nome de trono de Pepi II Neferkare como parte dos seus propios nomes, quizais fosen descendentes da VI Dinastía, que estaban intentando manter algún tipo de poder.[13] Algúns dos actos dos últimos catro faraóns da VIII dinastía finais están rexistrados nos seus decretos a favor de Shemay, un poderoso visir durante este período, aínda que só Qakare Ibi pode conectarse a calquera construción monumental. A súa pirámide atopouse en Saqqara preto da de Pepi II e, do mesmo xeito que os seus predecesores, tiña os Textos da pirámide escritos nas paredes. [13]
Sen importar cántos faraóns houbo en realidade, está claro que durante este período estaba en marcha un colapso da autoridade central de Exipto. Os gobernantes destas dinastías tiñan a súa base en Menfis e parece que confiaron no poder dos nomarcas de Coptos, aos que concederon títulos e honras. Isto non debeu valer de nada porque a VIII Dinastía foi derrocada por un grupo rival con sede en Herakleopolis Magna.
Dada a falta de probas para a VII Dinastía, todos os faraóns mencionados na lista real de Abidos nas entradas posteriores á de Merenre Nemtyemsaf II e anteriores á Montuhotep II[4] normalmente atribúense á VIII Dinastía. Seguindo a Jürgen von Beckerath, son:
Nome | Comentarios |
---|---|
Netjerkare Siptah | Ás veces clasificado como o último faraón da VI dinastía. Posiblemente idéntico a Nitocris. |
Menkare | Posiblemente testemuñado por un relevo na tumba da raíña Neit. |
Neferkare II | - |
Neferkare Neby | Planificou ou iniciou a pirámide "Neferkare Neby está perdurando a vida", posiblemente en Saqqara. |
Djedkare Shemai | - |
Neferkare Khendu | - |
Merenhor | - |
Neferkamin | - |
Nikare | Testemuñable por un selo cilíndrico.[14] |
Neferkare Tereru | - |
Neferkahor | Tesetemuñado por un selo cilíndrico. |
Neferkare Pepiseneb | O canon Turín otorgalle polo menos un ano.[15] |
Neferkamin Anu | |
Qakare Ibi | O canon de Turín dálle un goberno de dous anos, un mes e un día.[16] Testemuñado pola súa pirámide en Saqqara. |
Neferkaure | O canon de Turín dálle un goberno de 4 anos e 2 meses,[16] testemuñado por un decreto sobre o templo de Min.[17] |
Khwiwihepu Neferkauhor | O canon de Turín dálle un goberno de 2 anos, 1 mes e 1 día,[16] testemuñado por oito decretos sobre o templo de Min,[18][19][20] e unha inscrición na tumba do visir Shemay.[21] |
Neferirkare | O canon de Turín dálle un goberno de 1 ano e medio.[16] Quizais sexa idéntico a un dos dous ou a ambos, Horus Demedjibtawy e Wadjkare. En caso afirmativo, tense constancia por un decreto sobre o templo de Min. |
O exiptólogo Hracht Papazian cre que unha reconstrución dá demasiado peso ao relato de Manetón, segundo o cal a VII Dinastía é esencialmente ficticia e unha metáfora do caos. En troques, Papaz propón que os primeiros faraóns precedentes inmediatos de Pepi II deberían ser atribuídos á Sexta Dinastía, mentres que os predecesores pertencen a unha sétima dinastía de curta duración. A oitava dinastía só comezaría co ben testemuñado Qakare-Ibi:
Nome |
---|
Qakare Ibi |
Neferkaure |
Khwiwihepu Neferkauhor |
Nome perdido |
Neferirkare |
Ademais, a identidade e posición cronolóxica e alcance do gobernoo dos seguintes gobernantes é moi incerto: Wadjkare, Khuiqer, Khui e Iytjenu.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.