Universidade de La Laguna
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de La Laguna, tamén coñecida como ULL, é unha universidade pública situada na cidade de San Cristóbal de la Laguna, en Tenerife (España).
Universidade de La Laguna | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | San Cristóbal de la Laguna Santa Cruz de Tenerife |
Datos actuais | |
Reitor | Eduardo Doménech Martínez |
Alumnos | 23.252 |
Datos de contacto | |
Enderezo | C/ Molinos de Agua, s/n 38207, San Cristóbal de la Laguna, Canarias |
Páxina web | http://www.ull.es/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade foi creada co mesmo decreto que dividiu Canarias en dúas provincias en 1927, e reorganizada en 1989, o que supuxo a creación da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Con todo, a historia das institucións universitarias na cidade de San Cristóbal de la Laguna remóntase a 1701. É a universidade máis antiga das Canarias e a que máis alumnos tivo e ten, considerada ademais como o centro público de educación superior con maior traxectoria do Arquipélago Canario.
En 2015, a Universidade de La Laguna foi incluída no ránking das 500 mellores universidades do mundo.[1] Por outra banda, tamén é considerado como a primeira universidade en España, en colaboración científica.[2]
A universidade conta con seis campus universitarios, catro en San Cristóbal de La Laguna (Central, Anchieta, Campus del Sur, Guajara e Ofra) e un en Santa Cruz de Tenerife.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.