From Wikipedia, the free encyclopedia
Universidade de Hamburgo (en alemán: Universität Hamburg , abreviado como UHH) é unha universidade pública alemá fundada o 28 de marzo de 1919, a partir da unión de institucións preexistentes. O campus principal está no barrio de Rotherbaum, pero algunhas institucións afiliadas, centros de investigación e departamentos teñen oficinas situadas por toda a cidade.
Universidade de Hamburgo | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
UHH Universität Hamburg Logo mit Schrift 2010 Farbe CMYK.svg | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Hamburgo foi clasificada entre as 200 mellores do mundo polo Times Higher Education, o Academic Ranking of World Universities e o CWTS Leiden Ranking.[1] Sete gañadores do Premio Nobel están afiliados á Universidade de Hamburgo. A nivel nacional, o US News & World Report clasifícao no sétimo lugar, mentres que o QS World University Rankings o sitúa no 14 dun total de 426 institucións de educación superior.
A principios do século XX, houbo varias peticións ao Senado e ao Parlamento de Hamburgo para a creación dunha universidade. O senador Werner von Melle buscou satisfacer estas demandas traballando para a unificación de varias institucións de educación superior. Non obstante, este plan non foi aprobado.
Despois da primeira guerra mundial, von Melle foi elixido alcalde de Hamburgo. Xunto con Rudolf Ross, levou a cabo un proxecto para a reforma da educación de Hamburgo, que culminou coa creación da Universidade en 1919. As primeiras facultades da nova universidade foron as de Dereito e Ciencias Políticas, Medicina, Filosofía e Ciencias Naturais.
Durante a década seguinte, a Universidade comezou a atraer investigadores, estudosos e profesores moi respectados. Entre eles, o historiador da arte Aby Warburg, o filósofo Ernst Cassirer, o psicólogo William Stern, o físico e matemático John von Neumann e o físico Wolfgang Pauli. Naqueles anos formáronse na Universidade de Hamburgo o matemático, futuro gañador do Premio Wolf de matemáticas, Shiing-Shen Chern, o futuro Premio Nobel de Medicina Hans Adolf Krebs e o Premio Nobel de Física Hans Jensen .
A chegada do réxime nazi provocou a destitución de moitas figuras destacadas.
Ao final da segunda guerra mundial, a Universidade retomou as súas actividades. A facultade de teoloxía sumouse ás facultades xa existentes, mentres que a facultade de dereito quedou separada das ciencias sociais. Outras reorganizacións realizáronse a raíz dos movementos estudantís de 1968, pero foron posteriormente derrogadas. Entre as personalidades que estudaron na Universidade na segunda posguerra están os políticos Helmut Schmidt e Wolfgang Schäuble, e o filósofo Peter Sloterdijk. O filósofo Michel Foucault realizou cursos alí entre 1959 e 1960. No ámbito científico, o gañador do Premio Whitehead de Matemáticas Jens Marklof, o gañador do Premio Nobel de Medicina Harald zur Hausen e o físico, gañador da Medalla Max Planck, Jürgen Ehlers estudaron na Universidade de Hamburgo.
Desde 2006 a universidade conta con 6 centros de investigación colaborativos, 6 grupos de investigación, 2 escolas internacionais de investigación Max Planck, 13 grupos de investigación de mozos científicos.
Actualmente, a Universidade de Hamburgo está actualmente dividida en oito facultades:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.