From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Burgos, creada en 1994, é a universidade pública da cidade española de Burgos.
Universidade de Burgos | |
---|---|
Hospital del Rey | |
Datos xerais | |
Localización | 42°20′28″N 3°43′42″O |
Fundación | 27 de maio de 1994 (30 anos) [1] |
Datos actuais | |
Reitor | Manuel Pérez Mateos [2] |
Alumnos | 7660 [2] |
Datos de contacto | |
Enderezo | Hospital del Rey s/n, 09001 Burgos |
Páxina web | www.ubu.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
A pesar da súa recente creación, en 2012 colocouse á cabeza en investigación dentro de Castela e León.[3]
A Universidade foi creada como tal no ano 1994, como escisión da Universidade de Valladolid, a partir do campus que esta tiña na cidade de Burgos. Desde entón, foi crecendo organicamente e desenvolvéndose en novos campos do coñecemento.
Nun primeiro momento foi rexida por unha comisión xestora, presidida polo catedrático de Valladolid Marcos Sancristán Represa até 1997. O seu primeiro reitor foi o catedrático José María Leal Villalba, desde 1997 ao 2008. O seu sucesor foi o catedrático Alfonso Murillo Villar que ao cumprir o máximo de mandato foi substituído en 2016 polo catedrático Manuel Pérez Mateos.
En 2013 a UBU comezou a impartir os graos de Lingua e Literatura, de Enxeñaría Informática, de Ciencia Política e de Xestión Pública, Historia e Patrimonio e Turismo en liña.[4][5] En 2014, obtivo a avaliación favorable para ser campus de excelencia internacional.[6]
As instalacións da Universidade de Burgos sitúanse en dous campus:
A Universidade de Burgos desenvolve as súas funcións en distintos centros, sete deles son centros propios para a formación de grao e máster, un oitavo é de terceiro ciclo e outro é un centro adscrito:
Facultade de
|
Escola
|
Ademais, a Universidade dispón dun centro de Investigación e Desenvolvemento e de tres institutos:
O Hospital do Rei foi fundado por Afonso VIII de Castela en 1195, xunto ao Camiño Francés ao seu paso por Burgos.
Dependente do Mosteiro de las Huelgas constituía un gran centro de acollida de peregrinos.
Xunto á súa entrada, atópase a ermida de San Amaro e o cemiterio onde se enterraba aos peregrinos que morrían.
Recentemente realizouse unha restauración e retiráronse os exvotos que cubrían as paredes da ermida.
O Hospital do Rei é un conxunto renacentista, que conserva algúns restos do primitivo hospital medieval (os alicerces da antiga igrexa).
A entrada faise a través da Porta dos Romeus, que é o símbolo da Universidade. Trátase dun arco decorado por ambos os lados, no que se atopan referencias xacobeas, así como as efixies dos fundadores (Afonso VIII e a raíña Leonor).
Accédese ao Patio dos Romeus, delimitado pola igrexa do Hospital, da que destaca a súa entrada e a súa porta; o interior do templo é de estilo barroco.
O atrio da igrexa dá paso á Aula Magna da Facultade, utilizada para os actos solemnes.
A Casa del Fuero Viejo acolle a gran Aula Romeros.
Pola súa banda, na Casa dos Sancristáns atópase o Decanato da Facultade de Dereito e o acceso á cafetaría.
Traspasada a Casa dos Sancristáns, chégase ao Patio de Comendadores, onde se atopa o edificio do Reitorado, que destaca pola súa fachada con celosías de madeira. Outros lugares de interese son a Sala de Lectura e o Edificio Departamental.
Os restos foron restaurados e cedidos para acoller as dependencias da universidade a finais dos anos oitenta.
Esa restauración foi galardoada co Premio Europa Nostra.
Máis adiante, restaurouse a Porta dos Romeros, sacando á luz todo o seu esplendor. No Hospital do Rei atópanse o Reitorado e a Facultade de Dereito.
Na contorna axardinada atópase o Taboleiro de Xadrez onde no verán organízanse actividades musicais coincidentes cos Cursos de Verán da universidade.
Data de nomeamento |
investidura | Doutor honoris causa[7] | Profesión |
---|---|---|---|
06/03/1998 | Rafael Frühbeck de Burgos | Músico burgalés. Director de orquestra | |
06/03/1998 | José Vela Zanetti | Pintor burgalés | |
10/05/2001 | Michele Forina | Químico | |
10/05/2001 | Fernando Tejerina García | Reitor da Univ. de Valladolid durante a creación da UBU | |
20/04/2007 | Antonio María Rouco Varela | Cardeal Arcebispo de Madrid | |
20/04/2007 | Emiliano Aguirre Enríquez | Paleontólogo. Primeiro director dos xacementos de Atapuerca (1978-1990) | |
17/12/2009 | 30/04/2010 | Juan Luís Arsuaga Ferreras | Codirector dos xacementos de Atapuerca (1991-) |
17/12/2009 | 30/04/2010 | José María Bermúdez de Castro | Codirector dos xacementos de Atapuerca (1991-) |
17/12/2009 | 30/04/2010 | Eudald Carbonell i Roura | Codirector dos xacementos de Atapuerca (1991-) |
17/12/2009 | 17/09/2010 | Geoffrey Parker | Historiador e hispanista |
1/03/2013 | Félix Rodríguez de la Fuente | Naturalista e divulgador burgalés (investido in memorian) | |
23/05/2013 | Umberto Eco | Escritor | |
16/07/2013 | 25/10/2013 | José Antolín Toledano | Industrial [8] |
15/06/2015 | Luis Rojas-Marcos | Psiquiatra, investigador e profesor | |
15/09/2015 [9] | por determinar | Mario Vargas Llosa | Escritor |
15/09/2015 [9] | por determinar | Iñaki Gabilondo | Xornalista |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.