From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Brown (en inglés: Brown University) é unha universidade privada estadounidense localizada en Providence, no estado de Rhode Island. É unha das oito universidades que conforman a Ivy League, e neste contexto é unha das universidades máis prestixiosas do mundo. É a sétima institución de ensino superior máis antiga dos Estados Unidos e unha das nove establecidas antes da independencia en 1776.[2]
Universidade Brown Brown University | |
---|---|
Manning Chapel | |
Datos xerais | |
Localización | Providence (Rhode Island) |
Fundación | 15 de setembro de 1764 |
Datos actuais | |
Alumnos | 10 333 (outono de 2019)[1] |
Datos de contacto | |
Páxina web | http://www.brown.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fundada en 1764 como College of the English Colony of Rhode Island,[3] Brown foi a primeira universidade estadounidense que aceptou alumnos de todas as afiliacións relixiosas.[4] En 1804, a universidade foi renomeada en honra de Nicholas Brown, que contribuíra con 5000 dólares á institución.[5]
En 1891, Brown creou un college feminino (Pembroke College), que posteriormente se uniu ao college masculino en 1971.
Brown é coñecida polos seus programas de estudo únicos, exemplificados no New Curriculum (Novo Currículo) instituído en 1969.[6] Baixo o New Curriculum, un alumno xa non está obrigado a tomar unha distribución de cursos entre diferentes materias, e o sistema de notas foi simplificado.
Brown conta con preto de 100 carreiras con titulación de grao, e máis de 50 carreiras a nivel posgraduado. Tamén ten unha escola de medicina (Brown Medical School), con 326 estudantes. Conta cunha escola de saúde pública e unha de enxeñaría entre outras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.