Unidas Podemos (Podemos-IU), tamén coñecida como UP, é unha coalición electoral española rexistrada o 15 de marzo de 2019. É herdeira da coalición Unidos Podemos, da que se diferenza no xénero gramatical, cambio atribuído ao «auxe do movemento feminista».[1]
Unidas Podemos | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Yolanda Díaz Alberto Garzón |
Historia | |
Fundación | 15 de marzo de 2019 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Progresismo Socialismo democrático Republicanismo Ecoloxismo Laicismo Feminismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 26 / 350 |
Senado | 0 / 265 |
Parlamento Europeo | 6 / 54 |
Outros datos | |
Sede | C/ Princesa, 2, 28013 Madrid |
Na rede | |
https://quehablelamayoria.unidaspodemos.info/ | |
Foi rexistrada para presentarse ás eleccións xerais de abril de 2019 e estaba conformada por Podemos, Izquierda Unida e Equo.[2][3] Equo abandonou a alianza en setembro dese mesmo ano. Podemos e IU volveron presentarse co nome de Unidas Podemos ás eleccións xerais de novembro de 2019.[4]
Historia
O 26 de maio de 2018 a dirección de Podemos aprobou un protocolo de alianzas de cara aos seguintes procesos electorais de ámbitos europeo, autonómico e municipal. O nome proposto para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 foi Unidas Podemos cambiar Europa,[5][6] ao que se sumarían Izquierda Unida e Podemos despois das súas respectivas primarias.
No ámbito autonómico a fórmula sería similar aínda que aparecería tamén a marca de todos os actores que participen na coalición. No ámbito municipal respectaríase a aqueles lugares onde Podemos e Izquierda Unida opten finalmente por presentarse por separado, así como marcas municipais xa implantadas que decidisen revalidarse.
Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (Barcelona, Xirona, Lleida e Tarragona), onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi,[7] e galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), onde se presentou a coalición En Común-Unidas Podemos,[8] a ambas Cámaras, e ao Senado en Navarra e Mallorca, onde se presentou a coalición Unidas Podemos-Veus Progressistes.[9][10]
Resultados electorais
Eleccións xerais
Eleccións | Candidato | Votos | % | Deputados | Compoñentes |
---|---|---|---|---|---|
2019 (I) | Pablo Iglesias | 3 135 480 | 11,97 % | 35 / 350 |
Podemos: 29 IU: 5 Equo: 1 |
2019 (II) | Pablo Iglesias | 2 364 192 | 9,80 % | 26 / 350 |
Podemos: 23 IU: 3 |
Denominacións por circunscricións
Eleccións xerais de novembro de 2019
Nome | Siglas | Ámbito |
---|---|---|
Unidas Podemos | Podemos-IU | Aragón, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Estremadura, Madrid, Murcia, A Rioxa, Ceuta e Melilla. |
Podemos-IU LV CA | Andalucía | |
Podemos-EUPV | Comunidade Valenciana | |
Podemos-IU-Batzarre | Navarra | |
En Comú Podem-Guanyem el Canvi | ECP-Guanyem el Canvi | Cataluña |
Elkarrekin Podemos-Unidas Podemos | Podemos-IU | País Vasco |
En Común-Unidas Podemos | Podemos-EU | Galicia |
Unidas Podemos-Xuníes Podemos | Podemos-IX | Asturias |
Unidas Podemos-Unides Podem | Podemos-EUIB | Illas Baleares |
Nas circunscricións onde non se presentou a candidatura Más País, a formación Equo pediu o voto para Unidas Podemos ou equivalente.
Eleccións xerais de abril de 2019
Nome | Siglas | Ámbito |
---|---|---|
Unidas Podemos | Podemos-IU-Equo | Aragón, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Estremadura, Madrid, Murcia, A Rioxa, Teruel, Zaragoza, Ceuta e Melilla. |
Podemos-IU LV CA-Equo | Andalucía | |
Podemos-EUPV | Comunidade Valenciana | |
Podemos-IU-Equo-Batzarre | Navarra | |
En Comú Podem-Guanyem el Canvi | ECP-Guanyem el Canvi | Cataluña |
Elkarrekin Podemos-Unidas Podemos | Podemos-IU-Equo Berdeak | País Vasco |
En Común-Unidas Podemos | Podemos-EU-Mareas en Común-Equo | Galicia |
Unidas Podemos-Xuníes Podemos | Podemos-IX-Equo | Asturias |
Unidas Podemos-Alto Aragón en Común | Podemos-IU-Equo-Alto Aragón en Común | Huesca |
Unidas Podemos-Unides Podem | Podemos-EUIB | Illas Baleares (Congreso) e en Menorca e Eivissa-Formentera (Senado) |
Unidas Podemos-Veus Progressistes | Podemos-EUIB-MÉS-ERC | Mallorca (Senado) |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.