From Wikipedia, the free encyclopedia
Unbreakable é un filme estadounidense escrito, producido e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou no 2000. Está protagonizado por Bruce Willis e Samuel L. Jackson. Unbreakable conta a historia dun garda de seguridade de Filadelfia, David Dunn, que lentamente descobre que é un superheroe.
Unbreakable | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Unbreakable |
Director | M. Night Shyamalan |
Produtor | M. Night Shyamalan Barry Mendel Sam Mercer Roger Birnbaum Gary Barber |
Guión | M. Night Shyamalan |
Intérpretes | Bruce Willis Samuel L. Jackson Robin Wright Penn Spencer Treat Clark |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Eduardo Serra |
Montaxe | Dylan Tichenor |
Estudio | Blinding Edge Pictures Barry Mendel Productions Limited Edition Productions Inc. |
Distribuidora | Touchstone Pictures |
Estrea | 2000 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense, Sobrenatural |
Orzamento | $75 000 000[1] |
Recadación | $248 118 121 |
Filme seguinte | Slipt |
Na rede | |
http://www.movies.co.jp/unbreakable/ | |
Unbreakable recibiu críticas positivas,[2] alabando o tema de superheroe, as interpretacións dos actores e a banda sonora de James Newton Howard. Posteriormente converteuse nun filme de culto[3] e a revista Time listouno entre os dez mellores filmes de superheroes de tódolos tempos.[4]
Elijah Price (Samuel L. Jackson) naceu con osteoxénese imperfecta do tipo I, unha rara enfermidade que provoca que os ósos do corpo rompan doadamente. Afeccionado e debuxante de banda deseñada, durante as súas longas estadías no hospital, Price teoriza sobre o feito de que se el é fráxil en extremo, tamén é probable que exista outra persoa que sexa forte no extremo oposto.
Anos despois, o garda de seguridade David Dunn (Bruce Willis) está tamén buscando o senso da súa existencia. Deixou unha prometedora carreira no fútbol americano por casar coa súa muller Audrey (Robin Wright Penn), pero tempo despois o seu matrimonio fracasou.
Máis tarde prodúcese un accidente ferroviario. Cento dezaoito persoas e sete tripulantes viaxaban no tren de pasaxeiros. Só se atopou un sobrevivente: David Dunn. Elijah Price, proponlle unha estraña explicación que xustificaría por que David saíu indenne do accidente, unha explicación que podería cambiar para sempre a vida de David.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.