Una mujer fantástica é un filme chileno de 2017 dirixido por Sebastián Lelio, escrito por Lelio e Gonzalo Maza,[5] e producido por Juan de Dios e Pablo Larraín. Está protagonizado por Daniela Vega e Francisco Reyes. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Berlín de 2017.[6] Foi escollido como candidato chileno para os Premios Oscar[7] onde gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios.[8]

Datos rápidos Una mujer fantástica, Ficha técnica ...
Una mujer fantástica
Thumb
Ficha técnica
Título orixinalUna mujer fantástica
DirectorSebastián Lelio
Produtor
  • Juan de Dios Larraín
  • Pablo Larraín
  • Sebastián Lelio
  • Gonzalo Maza
GuiónSebastián Lelio
Gonzalo Maza
IntérpretesDaniela Vega
Francisco Reyes
MúsicaMatthew Herbert
FotografíaBenjamín Echazarreta
MontaxeSoledad Salfate
Estudio
  • Fabula
  • Komplizen Film
DistribuidoraSony Pictures Classics[1]
EstreaFestival de Berlín: 12 de febreiro de 2017
Duración104 minutos
Orixe Chile
Alemaña Alemaña
España España
Estados Unidos de América Estados Unidos[2]
XéneroDrama
Recadación$3 000 000[3][4]
Na rede
http://sonyclassics.com/afantasticwoman/
IMDB: tt5639354 Filmaffinity: 750940 Allocine: 245149 Rottentomatoes: m/a_fantastic_woman Mojo: afantasticwoman Allmovie: v681518 Metacritic: movie/a-fantastic-woman Editar o valor em Wikidata
Pechar
Thumb
Juan de Dios Larraín, Daniela Vega, Sebastián Lelio e Francisco Reyes no Festival Internacional de Cinema de Berlín en febreiro de 2017

Sinopse

Marina é unha muller transxénero que vive en Santiago, Chile e traballa como cantante e camareira. O seu mozo Orlando, un home vinte anos máis vello ca ela e co que se mudou recentemente lévaa a cear para celebrar o aniversario dela. Ambos teñen plans de futuro conxuntos, mais esa noite, Orlando esperta atordado e queixándose por non sentirse ben. Marina prepárase para levalo ao hospital, mais el trapeza nas escaleiras. Despois de levalo ao hospital, un médico infórmaa de que Orlando morreu dun aneurisma cerebral.

Personaxes

  • Daniela Vega como Marina Vidal
  • Francisco Reyes como Orlando Onetto Partier
  • Luis Gnecco como Gabriel Onetto Partier
  • Aline Küppenheim como Sonia Bunster
  • Amparo Noguera como Adriana Cortés
  • Nicolás Saavedra como Bruno Onetto Bunster
  • Antonia Zegers como Alessandra
  • Trinidad González como Wanda Vidal
  • Néstor Cantillana como Gastón
  • Alejandro Goic como doutor

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.