Chile presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1990. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Thumb
Sebastián Lelio foi o primeiro director chileno en gañar o premio co filme Una mujer fantástica.

Até o ano 2022, Chile presentou vinte e sete filmes ó Óscar ó mellor filme internacional, conseguindo o seu primeiro nomeamento en 2013. Chile gañou o seu primeiro galardón na 90ª edición de 2018, con Una mujer fantástica.[5]

Propostas

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Chile para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Máis información Ano (Cerimonia), Título ...
Ano
(Cerimonia)
TítuloDirectorResultado
1990
(63ª)
La luna en el espejo Caiozzi, SilvioSilvio Caiozzi Non nomeado
1991
(64ª)
La frontera Larraín, RicardoRicardo Larraín Non nomeado
1993
(66ª)
Johnny 100 pesos Graef Marino, GustavoGustavo Graef Marino Non nomeado
1994
(67ª)
Amnesia Justiniano, GonzaloGonzalo Justiniano Non nomeado
2000
(73ª)
Coronación Caiozzi, SilvioSilvio Caiozzi Non nomeado
2001
(74ª)
Taxi para tres Lubbert, OrlandoOrlando Lubbert Non nomeado
2002
(75ª)
Ogú y Mampato en Rapa Nui Rojas, AlejandroAlejandro Rojas Non nomeado
2003
(76ª)
Los debutantes Waissbluth, AndrésAndrés Waissbluth Non nomeado
2004
(77ª)
Machuca Wood, AndrésAndrés Wood Non nomeado
2005
(78ª)
Play Scherson, AliciaAlicia Scherson Non nomeado
2006
(79ª)
En la cama Bize, MatíasMatías Bize Non nomeado
2007
(80ª)
Padre nuestro Sepúlveda, RodrigoRodrigo Sepúlveda Non nomeado
2008
(81ª)
Tony Manero Larraín, PabloPablo Larraín Non nomeado
2009
(82ª)
Dawson. Isla 10 Littín, MiguelMiguel Littín Non nomeado
2010
(83ª)
La vida de los peces[7] Bize, MatíasMatías Bize Non nomeado
2011
(84ª)
Violeta se fue a los cielos[8] Wood, AndrésAndrés Wood Non nomeado
2012
(85ª)
No[9] Larraín, PabloPablo Larraín
Nomeado[10]
2013
(86ª)
Gloria[11] Lelio, SebastiánSebastián Lelio Non nomeado
2014
(87ª)
Matar a un hombre[12] Almendras, Alejandro FernándezAlejandro Fernández Almendras Non nomeado
2015
(88ª)
El Club[13] Larraín, PabloPablo Larraín Non nomeado
2016
(89ª)
Neruda[14] Larraín, PabloPablo Larraín Non nomeado
2017
(90ª)
Una mujer fantástica[15] Lelio, SebastiánSebastián Lelio Premio da Academia[5]
2018
(91ª)
Y de pronto el amanecer[16] Caiozzi, SilvioSilvio Caiozzi Non nomeado
2019
(92ª)
Araña[17] Wood, AndrésAndrés Wood Non nomeado
2020
(93ª)
El agente topo[18] Alberdi, MaiteMaite Alberdi
Lista curta de febreiro[19]
2021
(94ª)
Blanco en blanco[20] Court, ThéoThéo Court Non nomeado
2022
(95ª)
Blanquita[21] Fernando Guzzoni Non nomeado
2023
(96ª)
Los colonos[22] Felipe Gálvez Haberle Non nomeado
Pechar

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.