From Wikipedia, the free encyclopedia
Ulfilas (en gótico Wulfila: pequeno lobo), nado cara ao 311 e finado cara ao 383, foi un bispo, misioneiro e tradutor da Biblia godo, que viviu no auxe da controversia ariana. Era de orixe grega, máis concretamente capadocia.
Nome orixinal | (got) 𐍅𐌿𐌻𐍆𐌹𐌻𐌰 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 306 ↔ 311 |
Morte | 383 (71/72 anos) Constantinopla, Turquía |
Bispo | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo primitivo |
Actividade | |
Ocupación | misioneiro, tradutor da Biblia, tradutor, sacerdote, escritor |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Os seus avós, capadocios helenizados, foron vítimas dos ataques godos en Asia Menor na fin do século III a.n.e. e Ulfilas naceu no seu reino, na beira do Mar Negro. Ademais de aprender a lingua dos seus donos desde a máis tenra infancia, falaba tamén o grego, que aprendeu a escribir ao estar destinado probablemente á carreira eclesiástica.
O seu talento valeulle ser embaixador en favor do seu pobo adoptivo ante o Imperio romano de Oriente. Alí entrou en contacto co bispo ariano Eusebio de Nicomedia, que o consagrou bispo o ano 341. Co fin de evanxelizar os godos, dedicouse a traducir a Biblia á lingua gótica, coa axuda dun alfabeto que inventou para tal fin. Convertido en apóstolo dese pobo bárbaro, dirixiuse a Constantinopla en moitas ocasións, especialmente a un concilio sobre o arianismo, en 360, e en 383 para defender o Arianismo contra o emperador Teodosio I.
Morreu pouco despois.
Ignórase precisamente as circunstancias da conversión de Ulfilas ao arianismo: esta herexía era a relixión dominante baixo o emperador Constancio II. En calquera caso, Ulfilas mostrouse un ariano fiel ata a fin da súa vida e foi baixo a súa influencia cando os godos, e logo outros pobos xermánicos orientais adoptaron esta versión do cristianismo. A el débese, aínda que indirectamente, o rexurdimento do arianismo en Occidente nos séculos VII e VIII, por medio dos godos, dos vándalos e dos burgundios, e finalmente dos longobardos.
A tradución da Biblia que el fixo consérvase ata hoxe e constitúe un dos documentos dos que dispomos para o coñecemento da lingua gótica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.