From Wikipedia, the free encyclopedia
José Gabriel Condorcanqui Noguera, marqués de Oropesa chamado igualmente José Gabriel Túpac Amaru,[1][2][3] nado en Surimana, Canas, Vicerreinado do Perú o 19 de marzo de 1738 e finado en Cuzco o 18 de maio de 1781, coñecido posteriormente como Túpac Amaru II ou simplemente Túpac Amaru, foi un caudillo indíxena líder da maior rebelión anticolonial que se deu en Hispanoamérica durante o século XVIII. Descendía de Túpac Amaru I (derradeiro Sapa Inca, executado polos españois no século XVI).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Gabriel Condorcanqui Noguera 10 de marzo de 1738 Tinta, Perú (en) |
Morte | 18 de maio de 1781 (43 anos) Cuzco, Perú |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Residencia | Cuzco |
Educación | Saint Francis Borgia School (en) Universidade Nacional Maior de San Marcos |
Actividade | |
Ocupación | político, líder amerindio, revolucionario, rebelde |
Carreira militar | |
Conflito | Rebellion of Túpac Amaru II (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Micaela Bastidas (1758–) |
Pais | Q26001078 e Carmen Rosa Noguera Valenzuela |
Irmáns | Juan Bautista Túpac Amaru |
Parentes | Túpac Amaru, great-great-great-grandparent Diego Cristóbal Túpac Amaru, curmán entregue Andrés Túpac Amaru, second nephew |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Liderou a denominada «Gran rebelión» que se desenvolveu no Vicerreinado do Río da Prata e o Vicerreinado do Perú, pertencentes ó Reino de España, rebelión iniciada o 4 de novembro de 1780 coa captura e posterior execución do corrixidor Antonio de Arriaga.
Curaca (xefe nativo) de Surimana, Tungasuca e Pampamarca, era adiñeirado e adicábase ó comercio. Tratábase dun personaxe de orixe mestiza (foi marqués de Oropesa) no que confluía o sangue do Sapa Inca Túpac Amaru coa dos crioulos. De feito, durante unha gran parte da súa vida, sendo criado até os 12 anos polo sacerdote crioulo Antonio López de Sos e logo no Colexio San Francisco de Borja, mostrou preferencia polo crioulo chegando a dominar o latín e a empregar refinadas vestimentas hispanas, pero posteriormente vestiu como un nobre inca, fixo uso activo da lingua nativa quechua na súa vida e proclamas, e foi excomulgado da Igrexa católica.[4]
No Perú foi recoñecido como o fundador da identidade nacional peruana. Foi unha figura capital para o réxime velasquista (1968-1975) e dende entón permaneceu reivindicado no imaxinario popular.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.