Té
infusión / From Wikipedia, the free encyclopedia
O té é unha infusión estimulante preparada coas follas e rebentos da planta do té, un arbusto da familia Theaceae (Camellia sinensis).[1] A popularidade desta bebida é soamente superada pola auga.[2] O seu sabor é fresco, lixeiramente amargo e adstrinxente; este gusto é agradábel para moita xente.[3] Arguméntase que o consumo de té (especialmente verde) é benéfico para a saúde por conter antioxidantes, flavanois, flavonoides, catequiinas e polifenois.[4][5] Debido aos seus catequinos, o té ten propiedades anti-inflamatorias e neuroprotectoras; pode axudar na regulación do apetito e pola súa afinidade cos receptores cannabinoides pode diminuír a dor e maila naúsea, servindo tamén como calmante.[6]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/87/Tea_set.jpg/320px-Tea_set.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Tea_leaves_steeping_in_a_zhong_%C4%8Daj_05.jpg/640px-Tea_leaves_steeping_in_a_zhong_%C4%8Daj_05.jpg)
O consumo do té verde está asociado cunha diminución do risco de problemas de saúde entre os adultos maiores tales como: infartos, deterioración cognitiva e osteoporose.[7][8]
O té contén L-teanina substancia relacionada cun estado mental calmado en humanos. Un estado semellante ao que se atopa entre os practicantes de meditación.[9]
O termo "té herbal" refírese comunmente a infusións de froitas ou herbas que non inclúen a planta do té tales como o mate, a macela, a tila, o poexo entre outros.
A norma ISO 3103 é un estándar publicado pola ISO que presenta un método estandarizado para preparar o té. Esta norma foi producida no ano 1980 polo comité técnico ISO 34 (alimentos), subcomité 8 (té).