Turbina de vapor
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha turbina de vapor é unha turbomáquina motora, que transforma a enerxía dun fluxo de vapor en enerxía mecánica a través dun intercambio de cantidade de movemento entre o fluído de traballo (enténdase o vapor) e a roda, órgano principal da turbina, que conta con pas ou paletas que teñen unha forma particular para poder realizar o intercambio enerxético. As turbinas de vapor están presentes en diversos ciclos de potencia que utilizan un fluído que poida cambiar de fase, entre estes o máis importante é o Ciclo Rankine, o cal xera o vapor nunha caldeira, da cal sae nunhas condicións de elevada temperatura e presión. Na turbina transfórmase a enerxía interna do vapor en enerxía mecánica que, tipicamente, é aproveitada por un xerador para producir electricidade.
Nunha turbina pódense distinguir dous partes, o rotor e o estator. O rotor está formado por rodas de paletas unidas ao eixo e que constitúen a parte móbil da turbina. O estator tamén está formado por paletas, non unidas ao eixo senón á carcasa da turbina.
O termo turbina de vapor é moi utilizado para referirse a unha máquina motora a cal conta cun conxuntos de turbinas para transformar a enerxía do vapor, tamén ao conxunto da roda e as paletas directoras.