Enerxía mecánica
From Wikipedia, the free encyclopedia
En física a enerxía mecánica describe o onxunto da enerxía cinética e a enerxía potencial dun corpo. É a enerxía asociada co movemento e a posición dun obxecto. Nun sistema onde só actúen forzas conservativas, cúmprese o principio de conservación da enerxía mecánica: "en todo momento a suma da enerxía mecánica de tódolos corpos do sistema é constante", é dicir, "a enerxía mecánica non se crea nin se destrúe, simplemente transfórmase ou pasa dun corpo a outro". Isto só acontece en sistemas ideais, pois as forzas de rozamento ( fricción) impiden que existan sistemas conservativos puros. Inda así, hai certas condicións (ausencia de atmosfera, rozamento case nulo) en que se pode facer esta aproximación.
Se un obxecto é movido en sentido oposto a unha forza conservativa neta, a enerxía potencial incrementarase e se a celeridade do obxecto cambia, a a enerxía cinética do obxecto cambia asemade. Nun sistema real, non obstante, as forzas non conservativas como a, están presentes, mais con frecuencia con valores desprezables, e a constancia da enerxía mecánica é unha boa aproximación. Nas colisións elásticas consérvase a enerxía mecánica, pero non nas colisións inelásticas, nas que parte da enerxía é convertida en calor ou en enerxía interna. O equivalente entre a enerxía mecánica perdida (disipación) e o incremento da temperatura foi descuberto por James Prescott Joule.
Moitos aparellos teñen como finalidade a conversión da enerxía mecánica noutros xeitos de enerxía ou doutras enerxía en mecánica, por exemplo, un motor eléctrico converte enerxía eléctrica en enerxía mecánica, un xerador eléctrico converte enerxía mecánica en enerxía eléctrica e unha máquina de vapor converte calor en enerxía mecánica.